99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Miércoles, 04 de Octubre de 2023
Noticia 1 de 1 Portada

alcalde

Agustín Hernández aboga por mellorar a conexión terrestre coa Coruña para aproveitar os vóos de Alvedro

O alcalde de Santiago confirmou en Radio Obradoiro que en resposta ás inquedanzas de veciños e comerciantes, "o proxecto vai ser reformulado e serán eliminadas as gradas" // Avanza que abordará con Iberia a escasez de vóos a Madrid dende Lavacolla

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Agustín Hernández, alcalde de Santiago

SANTIAGO. RO  | 22.01.2015 
A- A+

O alcalde de Santiago confirmou en Radio Obradoiro que o proxecto de humanización da Rúa da Carreira do Conde "será reformulado, logo de escoitar as inquedanzas de veciños e comerciantes". Agustín Hernández explicou que se van eliminar as gradas, e tamén se van analizar cuestións relativas ó aparcamento e á iluminación. O rexedor reiterou que "o importante é mirar cara o futuro. Non imos valorar os erros". Dixo ademais que arredor deste proxecto "houbo absoluta transparencia na información e no contido", se ben admitiu que "é evidente que algo non funcionou". Hernández recoñece que as conversas cos propietarios dos aparcadoiros privados da zona para que lles fagan prezo a veciños e comerciantes, "non serán doadas".

Por outra banda, o rexedor falou das obras de Conxo para sinalar que as medidas adoptadas agora no tocante á circulación, permitirán afrontar mellor "a fase máis complicada da actuación, a partires da primavera". No tocante ós traballos que se están a levar a cabo en Vista Alegre, Hernández confirmou que "non se retomaron con normalidade ó 100%, que é o que lle estamos reclamando á empresa adxudicataria: ten que cumprir o contrato".

En Caixón de sastre, o alcalde referiuse tamén á situación de Lavacolla. Adiantou que están pechando unha xuntanza con Ryanair que podería ter lugar a vindeira semana, para escoitar a proposta da aeroliña para o aeroporto compostelán. Sobre a escasez de enlaces entre Santiago e Madrid, Agustín Hernández sinalou que é un asunto "que temos previsto abordar con Iberia". En calquera caso, abogou por "mellorar as conexións por estrada con Alvedro para poder aproveitar os vóos dende A Coruña".

Por último, e tra-las críticas dos sindicatos con representación en Raxoi á falta de propostas que lles permitan ós traballadores recuperar parte do que perderon dende a aprobación do Plan de Axuste, Hernández confirmou que recuperarán eses dereitos de aquí a dous anos. Destacou a inclusión nos presupostos de 2015 de medidas como "a promoción interna ou o incremento das axudas sociais", e lamentou a actitude "dalgúns sindicatos de opoñerse a priori a calquera proposta do goberno".

Síguenos en twitter e facebook 

 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies