102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Martes, 19 de Septiembre de 2017
Noticia 1 de 1 Portada

Os alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro fan balance en RO do seu traballo para o Euroscola 2016

Irene Fraga e Antón Lorenzo, dous dos 24 rapaces que participan no proxecto, estiveron en Radio Obradoiro para falarnos desta enriquecedora experiencia

Irene Fraga e Antón Lorenzo nas instalacións de Radio Obradoiro - FOTO: Sandra Romero
Irene Fraga e Antón Lorenzo nas instalacións de Radio Obradoiro - FOTO: Sandra Romero

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Irene Fraga e Antón Lorenzo, alumnos do IES Rosalía de Castro

SANTIAGO. RO  | 30.03.2016 
A- A+

Os rapaces e rapazas de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro, de Santiago, traballaron arreo para participar no programa Euroscola 2016, impulsado pola oficina de información do Parlamento Europeo en España. Desta volta o tema é o trixésimo aniversario da entrada do noso país na Unión Europea. Unha parte dese traballo quedou traducido en catro programas gravados nos estudios de Radio Obradoiro e emitidos pola emisora do Grupo Correo Gallego. Este mércores, antes da emisión do último deles, visitáronnos dous dos 24 rapaces e rapazas que tomaron parte do Euroscola 2016: Irene Fraga e Antón Lorenzo. Os dous coincidiron en que foi unha experiencia enriquecedora, na que puideron aprender moito "de política, de economía, de radio e de xornalismo", aprendizaxe que están convencidos lles vai ser de utilidade no futuro. A nós só nos queda agradecerlles que nos fixeran partícipes dese esforzo, e desexarlles moita sorte.

Síguenos en Twitter e Facebook 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies