99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 10 de Diciembre de 2018
Portada

ames

Amor redistribúe as concellarías de Alfonso Rey

Trala renuncia do edil, Bernardo Moar encargarase de Educación, Eugenia Martín de Cultura y Patrimonio será xestionado por Alfredo Taboada

SANTIAGO. RO  | 17.04.2012 
A- A+

O alcalde de Ames, Santiago Amor, asinou hoxe os decretos nos que se recolle a redistribución das competencias de Cultura, Educación e Patrimonio, que ata o de agora asumía Alfonso Rey. Cómpre lembrar que Alfonso Rey López presentou o pasado 10 de abril a súa renuncia a exercer de concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio por cuestións persoais relacionadas coa súa saúde.

En virtude dos decretos asinados hoxe, as competencias de Educación pasarán a ser xestionadas por Bernardo Moar; Cultura pasa a ser competencia de Eugenía Martín; e Patrimonio será xestionado por Alfredo Taboada. A renuncia de Rey López limitarase a continuar exercendo a concellería delegada de Cultura, Educación e Patrimonio, pero seguirá mantendo a súa acta de concelleiro da Corporación municipal.

Tras reunirse co grupo municipal, o rexedor Santiago Amor decidiu redistribuír as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio entre tres concelleiros que xa formaban parte do equipo de goberno. Deste xeito, Bernardo Moar exercerá a partir de agora como concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación; Eugenía Martín asumirá as competencias de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura; mentres que Alfredo Taboada será concelleiro de Vías, Obras, Parques, Xardíns e Patrimonio.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies