Entrevista
Antón Ínsua, presidente da ANPA Vía Stellae do Conservatorio Profesional de Música de Santiago
A ANPA Vía Stellae, do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, reunirase esta semana cos partidos con representación en Raxoi para trasladarlles as principais reivindicacións do centro. A primordial é a ampliación das instalacións, un asunto que, tal e como lembraba este martes en Radio Obradoiro o presidente da ANPA, "está sobre a mesa dende que se inaugurou o Conservatorio en 2004". Explicaba Antón Ínsua que "o debate aflora ciclicamente, pero estamos no punto de abordalo dende unha perspectiva estratéxica".
Detallou que por unha banda habería que darlle solución "ás limitacións que temos en materia de espazo", e por outra "abordar o tocante á ordenación do espazo na zona norte da cidade". Cre Antón Ínsua que sería "absurdo" gastar os cartos agora nun aparcadoiro, e despois ter que levantalo para acometer a ampliación do centro. No Conservatorio estudan uns 500 alumnos e alumnas, e tódolos anos "quedan fóra entgre 60 e 70 persoas".