99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Sábado, 24 de Agosto de 2019
Portada

Antonio Durán "Morris", convidado en Caixón de sastre

No magacín tamén intervirá o presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, Carlos Delgado, e o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores // Participa na sección "Cancións dun verán" a través do noso facebook

SANTIAGO. RO  | 19.07.2011 
A- A+

RO
Antonio Durán "Morris", á esquerda, con Xosé Manuel Olveira en Doentes
FOTO: RO

Caixón de sastre terá este martes entre os seus protagonistas ó presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O actor Antonio Durán "Morris" falará da situación na que se atopan os sectores galegos do audiovisual e das artes escénicas, que lle reclaman á Xunta a posta en marcha dun plan que garanta a súa continuidade e o seu crecemento.

Por outra banda, no programa intervirá o presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, Carlos Delgado, que explicará por que os veciños da Rocha recurriron o proxecto que o Consorcio de Santiago ten para o parque arqueolóxico. O guionista Manuel Guisande e o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Genaro Amigo, serán outros dos convidados.

Como cada martes e xoves de xullo e agosto, ás 11.30 comezará a sección "Cancións dun verán", na que poder intervir directamente os ouvintes que nos deixen as súas suxestións no muro do noso facebook.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies