Este luns en Radio Obradoiro teremos ocasión de afondar nas causas da pobreza e da exclusión social. O noso convidado será Xosé Cuns, director de EAPN Galicia. Precisamente mañá celebrarase en Santiago o V foro sobre pobreza, no que participarán as responsables de Servizos Sociais de Compostela, A Coruña, Lugo e Ourense.
En Caixón de sastre tamén falaremos hoxe co portavoz do PSOE na capital galega, Paco Reyes, coa polémica sobre os comedores escolares enriba da mesa.
Outro dos protagonistas do programa, que comeza ás 09.00 horas, será o voceiro do BNG en Melide, Xosé Igrexas. Os nacionalistas veñen de solicitar unha depuradora para o polígono industrial do municipio.
A última hora adicarémola a falar de literatura e ó repaso da axenda e as efemérides.