![]() Os bailaríns Anastasia Zhitova e Manuel Prieto estiveron no programa Caixón de sastre
FOTO: RO |
Se atopar parella nos tempos que corren no é nada fácil, que esa parella sexa tamén o compañeiro de baile ideal, menos. O bailarín arousán Manuel Trillo tivo sorte e atopou as dúas cousas na bailarina Anastasia Zhitova. Manuel Trillo explicou en Radio Obradoiro que durante este Nadal a parella está traballando moito especialmente na televisión pero de cara a 2012 teñen á vista importantes campionatos para os que están entrenando duramente.
A historia desta parella comezou a través da rede. "Eu quedara sen parella de baile unha vez máis, e iso é algo terrible porque é como se tes unha casa perfecta e ven un vendaval e a derruba". Segundo contou "atopei a foto de Anastasia en facebook, eu xa a coñecía de vista, por cruzarnos en concursos de baile. Contactei con ela e díxome que deixara de bailar". Trillo explicou que "comezamos a falar co skype, houbo risas, feeling e vimos que podería haber química entre nós. Propúxenlle vir á Illa de Arousa, díxenlle que era un sitio como o Caribe, e podería selo tendo en conta que alí viven a -45 grados. Vendinlle un pouco a moto e funcionou". Segundo explicou en RO cando Anastasia por fin chegou a Galicia, "fomos a bailar salsa xuntos e decateime de que había química e podería ser a miña parella de baile".
Anastasia, malia que leva tan só 11 meses vivindo en Galicia, está xa adaptada a esta terra da que adora a gastronomía e a xente "cálida e aberta". O que non lle convence demasiado é o clima. "Hai moita humidade e noto máis o frío".
Escoita o audio completo na sección "As entrevistas do día"