102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Domingo, 26 de Mayo de 2013

Noticia 1 de 1 Portada

Sánchez Bugallo en Radio Obradoiro

"A Catedral precisa un plan de seguridade en tódolos sentidos"

O portavoz do PSOE en Santiago sinala en Radio Obradoiro que "todo o que está trascendendo produce unha sensación de perplexidade e desacougo" // Malia ó ocorrido, cre que hai que agradecerlle á Igrexa "que preservara o patrimonio e o legado do templo durante 800 anos" // Á marxe deste asunto, tamén se referiu á situación económica do concello e á "espectacular caída" nas licencias de construcción de vivendas

Xosé Sánchez Bugallo - FOTO: RO
Xosé Sánchez Bugallo - FOTO: RO

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Xosé Sánchez Bugallo, portavoz do PSOE en Santiago


SANTIAGO. RO  | 09.07.2012 
A- A+

O portavoz do PSOE en Santiago referiuse este luns en Radio Obradoiro ó asunto do Códice Calixtino. Logo de felicitarse polo achado do manuscrito en bo estado, Xosé Sánchez Bugallo sinalou que "todo o que está trascendendo, prodúcenos unha sensación de perplexidade e desacougo, por dicilo suavemente". Neste sentido, lamentou que "non haxa un inventario dos bens patrimoniais e artísticos da Catedral", amosouse sorprendido "polas condicións de conservación" deses bens, e tamén se preguntou "que pasa coas aportacións dos fieis", despois dos cartos que lle foron incautados ó presunto autor material do roubo, Manuel Fernández Castiñeiras.

En opinión de Sánchez Bugallo, "a Catedral precisa un plan de seguridade en tódolos sentidos". O concelleiro espera que o sucedido sirva para que "se tomen as medidas oportunas, e se monte un sistema de seguridade adaptado ós tempos actuais". Lembrou que durante a súa etapa como alcalde, "todos viamos que a Catedral funcionaba coma se o seu reino non fora deste mundo". Segundo dixo, "continuamente tiñamos un choque entre os que queriamos garantir a seguridade no templo, e os que pensaban que iso non era o máis importante". En calquera caso, tamén quixo agradecerlle á Igrexa que fora quen de "preservar o patrimonio e o legado do templo estes últimos 800 anos".

Á marxe deste asunto, o portavoz socialista volveu xustificar a solicitude dun pleno extraordinario felita polo seu grupo, para que o goberno explique por qué ocultou un informe de intervención que o PSOE pediu para antes do pleno no que foron aprobados inicialmente os presupostos. Sánchez Bugallo explicou que recibiron ese documento o 6 de xullo, "dúas semanas despois do pleno, e despois de que no departamento de Intervención nos dixeran que fora entregado o 19 de xuño". Ó seu xuízo, non llo fixeron chegar antes  "para que non demandaramos o cumprimento da Lei de Estabilidade Presupostaria nas contas de 2012, que deberían estar adaptadas a esa norma".

Volveu incidir o edil en que, a 1 de xullo de 2011, cando o PP colleu as rendas do goberno municipal, a débeda do concello era de 67 millóns de euros, "59 millóns correspondentes á debeda bancaria, e 8 millóns que reclamaba o Ministerio de Economía por un erro seu". O que non é correcto, dixo, é "que non se descontaran desa cantidade os 2,8 millóns de euros que Economía lle debía ó concello pola liquidación de 2010. Segundo dixo, dende que goberna o PP a débeda "non só non diminuiu senón que foi a máis". Agora é de 76 millóns, "polos 12,7 millóns que pediron para pagarlles ós proveedores".

Por último, Sánchez Bugallo referiuse á "espectacular caída" da vivenda en Santiago durante o primeiro semestre deste ano. Apuntou ó respecto que "en 2011 obtiveron licencia 300 vivendas, e nestes primeiros seis meses 28, ningunha de protección oficial e ningunha colectiva". Malia que cre que esta situación ten que ver en parte coa crise económica, non é, di, a única responsable. Dacordo cos seus datos, en 2008 obtiveron licenzas entre 1.000 e 1.200 vivendas, ó igual que en 2009, mentres que en 2010 foron unhas 700, e en 2011 unhas 667. Pasar desta cifra ás 28 do primeiro semestre só se explica, engadiu, "porque se cargaron o modelo urbanístico que había, e non foron quen de elaborar outro. Deixárono todo en mans da iniciativa privada, que agora mesmo non ten interese en construir vivenda, e menos vivenda colectiva".

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad