El Correo Gallego Galicia Hoxe CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Radio Obradoiro Radio Obradoiro
Santiagoteespera.com
102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Viernes, 18 de Mayo de 2012

[Noticia 1 de 1] Portada

Entrevista en Radio Obradoiro

Cela: "No BNG temos que falar menos de nós e máis dos problemas reais dos cidadáns"

01.02.2012  O portavoz do Bloque en Santiago está safisfeito co desenvolvemento da asamblea da pasada fin de semana // Cre que dela "non sae un partido máis dividido, senón onde son evidentes as diferencias" // A respecto do dito en RO por Martiño Noriega, está convencido de que "vai estar a disposición dos representantes lexítimos do BNG"

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. OLGA VILAR

Rubén Cela, esta mañá nos estudios de Radio Obradoiro FOTO: RO
Rubén Cela, esta mañá nos estudios de Radio Obradoiro
FOTO: RO

Logo da asamblea celebrada esta pasada fin de semana polo BNG, na que resultou gañadora a opción encabezada por Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera, opción que apoiaba Rubén Cela, o portavoz do Bloque en Raxoi cre que "é o conxunto da militancia o que está de parabéns, porque lle demos voz, algo que non fai ningún partido de Europa occidental".

En Radio Obradoiro, Cela dixo que non comparte dúas das cousas que destacaron os medios de comunicación tras ese cónclave: que a opción da UPG se impuxo pola mínima, e que da asamblea saiu un BNG dividido. A respecto da primeira, o concelleiro compostelán fixo fincapé en que "as teses políticas foron aprobadas por unha inmensa maioría da militancia, e ademais, en termos absolutos, os 300 votos de diferencia entre a opción de Guillerme Vázquez e a de Encontro Irmandiño e +Galiza, non é irrelevante nun proceso deste tipo". Sobre a segunda, Cela sinalou que "non sae un BNG máis dividido, senón un BNG onde son evidentes as diferencias, algo que nunca quixemos ocultar". Ó seu xuízo, "a inmensa maioría do Bloque ten un único portavoz que é Guillerme Váquez e un único candidato á presidencia da Xunta que é Francisco Jorquera".

Di Rubén Cela que "temos que falar menos de nós mesmos e máis dos problemas reais dos cidadáns". En calquera caso, engade, "os motivos que hai 30 anos nos levaron a conformar o BNG, seguen plenamente vixentes".

Unha vez celebrada a asamblea, o portavoz nacionalista en Raxoi cre que todo o BNG debe defender o proxecto elixido nela. Sen embargo, o pasado luns, en Radio Obradoiro, o alcalde de Teo e integrante de Encontro Irmandiño, preguntado por esta cuestión respondía que será esta corrente quen decida, na súa propia asamblea, os pasos a dar neste sentido. Para Cela, Martiño Noriega "é un demócrata convencido, que vai estar a disposición dos representantes lexítimos do BNG". Iso sí, engadiu que "as minorías teñen que respectar as vontades maioritarias, e viceversa".

Por outra banda, Cela referiuse a cuestións da actualidade municipal como a reforma do cadro de persoal de Raxoi que mañá recibirá luz verde nun pleno extraordinario. Unha reforma que supón a contratación de varios altos cargos, cun custe anual de 400.000 euros. Para o edil do BNG, "gobernar debería ser cumprir os compromisos acadados cos cidadáns". Tamén dixo que "é lexítimo que Gerardo Conde Roa decida priorizar, pero o fin non xustifica os medios. Esto foi tramitado pola vía de urxencia, pola porta de atrás, e sen contar coas centrais sindicais. Ademais é incoherente coa política de austeridade defendida polo alcalde e coa liña política marcada por Mariano Rajoy".

Sobre o xuízo do caso Montebalsa, que comezou este mércores en Santiago e que senta no banco dos acusados a dous funcionarios por suposta falsificación de datos para beneficiar a unha empresa, Cela recoñeceu que seguirá o caso con moito interese. "Son un entusiasta de que se vele pola limpeza e a transparencia das administracións públicas, así que desexo que todo esto se esclareza canto antes".

 

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Radio Obradoiro

Entrevista

Rubén Cela, BNG-Santiago


Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad