El Correo Gallego Galicia Hoxe CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Radio Obradoiro Radio Obradoiro
Santiagoteespera.com
102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Jueves, 23 de Febrero de 2012

[Noticia 1 de 1] Portada

O edil do Bloque, en Radio Obradoiro

Cela: "Todos temos un ciclo político. No BNG hai xente nova moi capacitada"

25.01.2012  O portavoz nacionalista en Santiago pronunciouse deste xeito ó ser preguntado pola lista que lidera Xosé Manuel Beiras, de cara á asamblea nacional do partido desta fin de semana

5.0/5 [3 Voto/s]

4
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. OLGA VILAR

Rubén Cela, este mércores, en Radio Obradoiro FOTO: RO
Rubén Cela, este mércores, en Radio Obradoiro
FOTO: RO

O recinto feiral de Amio, en Santiago, acollerá esta fin de semana a asamblea nacional do BNG que definirá a súa liña política e organizativa, e que renovará os órganos de dirección. A ese cónclave chegan tres listas: a encabezada por Guillerme Vázquez, da plataforma promovida pola UPG, a que lideran Xosé Manuel Beiras e Carlos Aymerich, froito dun acordo entre +Galiza e Encontro Irmandiño, e unha terceira co concelleiro compostelán Rafa Vilar á cabeza, que representa ó Movemento Galego ao Socialismo.

En Radio Obradoiro, o portavoz do Bloque en Raxoi sinalaba este mércores que non lle parece "nin mal nin raro" que haxa tres candidaturas. Neste sentido, lembrou que "o BNG ten unha traxectoria histórica democrática, e é unha organización plural. É lóxico que se poñan enriba da mesa diferentes propostas e matices". Rubén Cela reiterou que "é moito máis o que nos une que o que nos separa". Tamén fixo fincapé en que a asamblea desta fin de semana, cuns 5.300 militantes inscritos, "será a máis numerosa da historia do BNG".

Cela foi preguntado pola candidatura conxunta de +Galiza e de Encontro Irmandiño, que propón a Xosé Manuel Beiras como portavoz nacional e a Carlos Aymerich como candidato á Xunta, e máis concretamente polo regreso de Beiras á primeira liña da política. O concelleiro nacionalista sinalou que "teño por norma non falar mal nin de compañeiros nin de partes do BNG". A continuación, Cela, que apoia a Guillerme Vázquez, engadiu o seguinte: "todos temos un ciclo vital inexorable e un ciclo político. No BNG hai persoas novas, capacitadas, con formación académica e profesional, dipostas a traballar polo Bloque". Máis claro, imposible.

A respecto da lista que encabeza o seu compañeiro de corporación municipal, Rafa Vilar, e logo de deixar claro que se levan moi ben, sinalou que "discrepo con cuestións da súa candidatura, pero nas formas foi impecable". Pase o que pase a fin de semana, Cela ten claro que a asamblea servirá para que o BNG saia reforzado.

Á marxe deste asunto, o portavoz do BNG en Raxoi falou doutras cuestións como a nova ordenanza de terrazas, que segundo dixo "é idéntica literalmente á normativa de Madrid, e Santiago non é Madrid". Tamén censurou que o goberno local a sacara adiante polo procedemento extraordinario, e sen buscar o consenso coa oposición. Outra das cuestións tratadas foi a transferencia de 1,3 millóns de euros feita polo Instituto Galego da Vivenda e Solo a Emuvissa. Ó seu xuízo, este proceder "confirma a utilidade da oposición. Non é unha casualidade que a Xunta pague agora ese atraso".

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Radio Obradoiro

Entrevista

Rubén Cela, BNG Santiago


Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad