102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 23 de Octubre de 2017
Noticia 1 de 1 Portada

Chega a Santiago un grupo de peregrinos con fibrose quística

En Radio Obradoiro, o presidente da asociación galega que aglutina a estes enfermos, Juan A. Da Silva, explicaba que a peregrinación persegue un triple obxectivo: "fomentar un piar importante do tratamento desta doenza como é o exercicio físico, darlle visibilidade á enfermidade e fomentar a doazón de órganos"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Juan A. Da Silva, presidente da Asociación Galega de Fibrose Quística

SANTIAGO. RO  | 28.08.2014 
A- A+

Este xoves á mañá un grupo de 25 persoas afectadas por fibrose quística, transplantados bi-pulmonares, familiares e amigos procedentes de distintas localidades españolas, culminou na Praza do Obradoiro a peregrinación polo Camiño Inglés que iniciaron en Ferrol o pasado 22 de agosto. En Radio Obradoiro, o presidente da Asociación Galega de Fibrose Quística, Juan A. Da Silva, explicaba que esta iniciativa, impulsada pola Federación Española de Fibrose Quística, persegue un triple obxectivo:  "fomentar un piar importante do tratamento desta doenza como é o exercicio físico, darlle visibilidade á enfermidade e fomentar a doazón de órganos". Estamos a falar, sinalaba, dunha doenza "de carácter xenético, crónica, e que afecta normalmente ós pulmóns e ó sistema dixestivo de forma xeneralizada". Da Silva sinalou que os enfermos están "moi esperanzados co kalydeco, un novo medicamento que, a diferencia do que tiñamos atá o de agora que era paliativo, ataca a base do problema". El Galicia padecen fibrose quística "unhas 180 persoas". Os afectados reclaman a creación de unidades de referencia.

Síguenos en twitter e facebook 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies