Este domingo 23 de agosto, la Comisión Cidadá pola Unidade vai reeditar o Banquete de Conxo de 1856, que desta volta levará o engadido "2.0". O obxectivo dos seus organizadores é pedir a construcción dunha alternativa política e electoral galega de base cidadá. Nunha entrevista este venres en Radio Obradoiro, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, que forma parte do colectivo, explicaba que o obxectivo último é "que se antepoñan os intereses da xente ós dos partidos". Estes, dixo, "teñen os seus intereses lexítimos, pero ás veces compórtanse como auténticos divorciados". Hoxe en día, engadiu, "as organizacións aplican o manual e poñen antes as ideoloxías que as reflexións. Do que se trata é de facelo ó revés". A este encontro está chamada toda a cidadanía "e tamén os partidos e as mareas". A cita será este domingo en Conxo ás 12.00 horas.