99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Viernes, 09 de Junio de 2023
Noticia 1 de 1 Portada

O colectivo Ames Pospetróleo faralle entrega ao alcalde dun informe do parlamento británico acerca do declive enerxético

CONCELLO DE AMES  | 16.06.2016 
A- A+

Con motivo da segunda xornada da iniciativa “Preparando Ames para un futuro sen pretróleo”, que terá lugar este venres, 17 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa de Cultura do Milladoiro, a asociación Pospetróleo faralle entrega a alcalde de Ames do informe "Límites revisitados", recentemente publicado polo grupo interpartidista do parlamento británico acerca dos límites ao crecemento, que foi traducido ao galego pola asociación Véspera de Nada e publicado na Internet.

Este documento, elaborado por un autor tan prestixioso como Tim Jackson, analiza e actualiza o debate acerca dos límites que impiden que as economías continúen a crecer (entre eles o fin da enerxía abundante e barata do petróleo, tema sobre o que traballa especificamente Ames Pospetróleo) e as implicacións que isto ten a nivel económico, social ou cultural.

Con este documento os membros desta asociación complementarán a información que durante o acto aportarán por outros medios, como o documental (de debuxos animados e para todos os públicos) "Non hai mañá" e o libro "Guía para o descenso enerxético", que presentará tamén no acto o seu editor, o profesor Xoán Ramón Doldán, da USC, e quen fora director do INEGA.

Dende o colectivo Ames Pospetóleo indican que “Miñones será o primeiro alcalde que o recibe, pois só estaba previsto entregarllo aos grupos do parlamento (entrega que xa comezou Véspera de Nada), pero pedimos un exemplar para el, porque nos parece moi importante”. Ao finalizar estas presentacións abrirase un debate co público asistente e os membros da corporación acerca de como preparar o noso municipio ante esta fin do crecemento e da Era da Enerxía Fósil.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies