99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Domingo, 20 de Octubre de 2019
Portada

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entrega os premios literarios 'Rosa de Cen Follas'

COLEXIO DE PSICOLOXÍA DE GALICIA  | 30.11.2015 
A- A+

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fará entrega este martes 1 de decembro dos premios literarios “Rosa de Cen Follas”. O concurso, convocado polo COPG, cumpre xa a súa oitava edición.

Na modalidade de poesía, a galardoada este ano é María A. Rey Torrente, mentres que na categoría de narrativa, a autora recoñecida é Gisela Mato Rivera. Será a decana do COPG, dona María Rosa Álvarez, quen fará entrega dos recoñecementos, acompañados dun premio en metálico para cada modalidade e da tradicional rosa conmemorativa. As gañadoras serán convidadas a ler as súas pezas ás persoas asistentes. 

O acto comezará ás 20:00 horas, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, situado na rúa Espiñeira, número 10 (Baixo), en Santiago de Compostela.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies