102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Miércoles, 19 de Junio de 2013

Noticia 1 de 1 Portada

O Cuestionario con... Carlos Blanco

O actor vilagarcián someteuse ao interrogatorio do programa 'Caixón de sastre'

O actor Carlos Blanco - FOTO: Fernando Blanco
O actor Carlos Blanco - FOTO: Fernando Blanco

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Carlos Blanco, actor


SANTIAGO. RO  | 07.08.2012 
A- A+

- Que profesión che gustaría exercer de non adicarte ao que te adicas?

- Carpinteiro

- Un dos momentos máis felices da túa vida.

- Agora mesmo é un momento moi feliz.

- Unha película.

- A que farei o ano que ven.

- Un libro.

- Quizais o último que lin.... 'Lume de cobiza' de Miguel Anxo Fernández.

- Unha comida.

- Que difícil! Tal vez unha caldeirada ben feita.

- Rincón favorito de Compostela.

- Teño tantos... pero quizais as escaleiras da Quintana. É un dos lugares onde podo ser máis compostelán.

- Un desexo.

- Que se acabe a crise.

- Unha virtude.

- A constancia.

- Un defecto.

- Entre outros moitos, ser demasiado egócentrico

- Un defecto que non soportes nos demais.

- Non soporto á xente que vai de sobrada pola vida.

- Un personaje ao que admires.

- Admiro á miña nai, porque tivo oito fillos, sacou a seis adiante e dous lle morreron.

- Un personaxe ao que detestes.

- Non está ben falar de a quen detestas, pero eu levo moi mal a Mouriño.

- A túa canción favorita

- Quizais algo de Chico Buarque ou Caetano Veloso, porque son fanático dos dous. Hai unha canción que me fascina que se chama 'Sanpa', de Caetano, que fala de Sao Paulo. É curiosa porque pon a parir unha cidade que el ama. É un clásico.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad