99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 29 de Noviembre de 2021
Noticia 1 de 1 Portada

"A emigración dos mozos pon en perigo a superviviencia do país"

Falamos en Radio Obradoiro con Manolo do Val, un dos impulsores da iniciativa Voltar á terra, cuxo fin último é que os mozos galegos que tiveron que emigrar ó estranxeiro na procura de emprego, poidan regresar e traballar en Galicia

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Manolo do Val, un dos promotores da iniciativa Voltar á terra

SANTIAGO. RO  | 13.04.2015 
A- A+

Hai uns días botaba a andar a iniciativa Voltar á terra, integrada por colectivos como a Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados e Marusía, así como por persoas a título individual. Aberta a todo aquel que se queira unir, o seu obxectivo é que os mozos galegos que tiveron que emigrar ó estranxeiro na procura de emprego, poidan regresar e traballar en Galicia. Así o explicaba este luns en Radio Obradoiro un dos seus impulsores. Para conseguilo, engadía Manolo do Val, "habería que xerar postos de traballo e actividades económicas". A implicación das administracións competentes é por iso fundamental. O que está claro, dixo, é que está en xogo "a pervivencia do país". Ademais "estase producindo un gran desarraigo e estamos diante dun fenómeno preocupante de despoboación". Do Val lembrou que a situación é "crítica", logo de que no último trimestre de 2014 emigraran 21.100 mozos galegos. A iniciativa acompañarase de "accións dentro e fóra do país, que fagan esa chamada ós poderes públicos para que tomen medidas".

Síguenos en twitter e facebook 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies