99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 10 de Diciembre de 2018
Portada

A empresa santiaguesa Situm leva a súa tecnoloxía á estación de tren de Tokio

Víctor Álvarez explicou que o proxecto, presente en 23 países do mundo, naceu na Universidade de Santiago // A súa sede está no edificio Emprendia e conta con 16 traballadores

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Víctor Álvarez, CEO de Situm

SANTIAGO. RO   | 28.04.2016 
A- A+

Hoxe no programa Caixón de sastre (Radio Obradoiro) tivemos a ocasión de coñecer a empresa Situm, nacida no seo da Universidade de Santiago. A empresa con sede no edificio Emprendia está acadando o éxito grazas á creación dunha tecnoloxía que permite a xeolocalización en interiores. A través do smartphone os usuarios poden atopar onde está o seu coche nunha zona con moitas prazas de aparcamento, atopar unha tenda nunha gran área comercial ou unha consulta médica nun gran edificio. De feito, o Hospital de Lugo xa está experimentando con este software. Víctor Álvarez, CEO de Situm, explicou que o lugar máis recóndito ao que chegou Situm é Xapón. "Grazas a un socio que temos alí, xa se emprega na estación de tren de Tokio", dixo. 16 persoas integran o equipo de este empresa que comezou como un traballo de investigación robótica no Citius. 

Síguenos en Twitter e Facebook  

 

 

 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies