99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Viernes, 19 de Agosto de 2022
Noticia 1 de 1 Portada

RADIO OBRADOIRO

"Encantaríame interpretar a María Casares"

A actriz Sabela Hermida realizou a súa tese doutoral sobre a gran intérprete galega do século XX // Esta viguesa levará á Laracha o espectáculo teatral 'Rosa de dous aromas' que protagoniza con Isabel Blanco

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Sabela Hermida, actriz

SANTIAGO. RO  | 12.11.2014 
A- A+

Radio Obradoiro
Sabela Hermida en Radio Obradoiro
FOTO: Radio Obradoiro

A actriz Sabela Hermida pasou este mércores polos micrófonos de Radio Obradoiro para falar dos seus máis recentes proxectos. O pasado ano esta viguesa, que vive a cabalo entre Galicia e Madrid, doutorouse en Artes Escénicas cunha tese sobre María Casares, a gran actriz galega do século XX. "Con ela puiden unir tocar temas que me interesan moito, como a galeguidade, o exilio, o existencialismo ou a interpretación. Sobre todo, a través dela puiden comezar a recuperar a memoria das mulleres, que somos sempre as grandes esquecidas", explicou. Hermida destacou a importancia de María Casares, "unha muller que foi silenciada e non moi ben tratada en España", e recoñeceu que lle encantaría intepretar a vida da actriz coruñesa, que foi musa de Alber Camus. Hermida, que participou en series como Libro de Familia ou Efectos secundarios, e fixo pequenas intervencións en proxectos cinematográficos de envergadura, como 'Camarón', recoñeceu que o cine é precisamente a súa "asignatura pendente", aínda que confesa que "non hai nada como a adrenalina de facer teatro". O 28 de novembro levará á Laracha o espectáculo teatral 'Rosa de dous Aromas', que coprotagoniza con Isabel Blanco baixo a dirección de Lino Braxe. 

Síguenos en twitter e facebook  

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies