Xa tivemos a entrega de premios do Certame literario de Panxea e O Sombreiro de Merlin, que se organizou, desta volta, para nenos e nenas e mozos e mozas. O certame contou con textos de grande calidade, polo que se entregaron tres Premios en tres Categorías diferentes:
-Premio ao relato máis Ecoloxista: gañadora, María Carballido (13 anos), por "Contaminación".
-Premio ao relato máis Pacifista: gañadora, Rita Domínguez (11 anos), por "La vida de John Lennon".
-Premio ao mellor relato de Ciencia Ficción: gañador, Pepe Domínguez (9 anos), por "Sol de bombilla".
O premio foi entregado no local de Panxea na ruá da Rosa, en Compostela, e asistiron os gañadores, nais, pais, amigos, organizadores e gañadores de anteriores edicións, nunha ceremonia onde entregamos premios, diplomas, lemos textos e compartimos unha xornada moi enriquecedora.
Os tres gañadores son alumnos da Aula de Escritura para nen@s e moz@s que Alicia López, directora do Sombreiro, imparte na compostelana Berenguela Escola de Música. Parabéns a todos e todas. Foi un orgullo e unha alegría moi grande para nós!
Foto: María Carballido, Rita Domínguez e Pepe Domínguez, cos seus diplomas de gañadores no estudio de Radio Obradoiro.