99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Domingo, 23 de Septiembre de 2018
Portada

Entregados os premios do certame literario de Panxea e O Sombreiro de Merlín

María Carballido, Rita Domínguez e Pepe Domínguez foron os tres gañadores

María Carballido, Rita Domínguez e Pepe Domínguez, cos seus diplomas de gañadores no estudio de Radio Obradoiro. - FOTO: Moncho Díaz
María Carballido, Rita Domínguez e Pepe Domínguez, cos seus diplomas de gañadores no estudio de Radio Obradoiro. - FOTO: Moncho Díaz

SANTIAGO. ALICIA LÓPEZ  | 14.04.2015 
A- A+

Xa tivemos a entrega de premios do Certame literario de Panxea e O Sombreiro de Merlin, que se organizou, desta volta, para nenos e nenas e mozos e mozas. O certame contou con textos de grande calidade, polo que se entregaron tres Premios en tres Categorías diferentes:

-Premio ao relato máis Ecoloxista: gañadora, María Carballido (13 anos), por "Contaminación".

-Premio ao relato máis Pacifista: gañadora, Rita Domínguez (11 anos), por "La vida de John Lennon".

-Premio ao mellor relato de Ciencia Ficción: gañador, Pepe Domínguez (9 anos), por "Sol de bombilla".

O premio foi entregado no local de Panxea na ruá da Rosa, en Compostela, e asistiron os gañadores, nais, pais, amigos, organizadores e gañadores de anteriores edicións, nunha ceremonia onde entregamos premios, diplomas, lemos textos e compartimos unha xornada moi enriquecedora.

Os tres gañadores son alumnos da Aula de Escritura para nen@s e moz@s que Alicia López, directora do Sombreiro, imparte na compostelana Berenguela Escola de Música. Parabéns a todos e todas. Foi un orgullo e unha alegría moi grande para nós!

 

 

Foto: María Carballido, Rita Domínguez e Pepe Domínguez, cos seus diplomas de gañadores no estudio de Radio Obradoiro.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies