99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Miércoles, 23 de Junio de 2021
Noticia 1 de 1 Portada

no auditorio da ramallosa

Estrea este martes da curta 'Persoas', creada por alumnos do IES Cacheiras con banda sonora do Conservatorio de Santiago

Os personaxes están interpretados por actores e actrices do grupo teatral Chévere xunto ao estudante Tobías Enakhimion // A música foi composta por Sandra Galeras, alumna do CMUS e está interpretada por alumnos do centro musical

Cartel da curtametraxe 'Persoas' - FOTO: IES Cacheiras
Cartel da curtametraxe 'Persoas' - FOTO: IES Cacheiras

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 26.05.2014 
A- A+

Este martes estréase a curtametraxe 'Persoas', froito da colaboración entre o IES Cacheiras e o Conservatoiro de Santiago de Compostela. Haberá un pase este martes, día 27 de maio, ás 19:00 horas no Auditorio da Ramallosa (Teo), e outro o mércores Mércores 11 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago). A curta foi creada polo alumnado de 4º de ESO na materia de Linguaxe Audiovisual e Medios Dixitais do IES de Cacheiras, dentro do seu proxecto educativo de creación audiovisual  Aturuxo Films. Os personaxes están interpretados por actores e actrices do grupo teatral Chévere xunto ao alumno Tobías Enakhimion.

A banda sonora correu a cargo do Conservatoiro de Santiago, que acolleu con entusiasmo a invitación de Aturuxofilms para incorporarse ao seu proxecto de creación audiovisual, colaborando desde este ano na curtametraxe PERSOAS, sendo a alumna do centro Sandra Galeras quen realizou a banda sonora que interpretarán tamén alumnos do centro. Realizouse no Conservatorio profesional de música de Santiago con alumnado do devandito centro e o control técnico do profesor Xosé Antonio Rodríguez. Ás guitarras Álvaro García e Arturo Juiz, nos clarinetes Teresa Jareño e Lorena Rodríguez, na percusión Pablo Fernández e ao piano Sandra Galera. Extraordinaria a profesionalidade de todos eles e a calidade das interpretacións.

Deste xeito comeza unha interesante colaboración co Instituto Cacheiras, que se enriquecerá para o vindeiro curso ca implicación no proxecto da nova materia optativa que se ofertará no centro, Música e cine. Agradecementos a Sergio Clavero pola súa iniciativa e dedicación ao proxecto, mais por todos os premios e resultados acadados cos seus alumnos/as.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies