102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Sábado, 22 de Julio de 2017
Noticia 1 de 1 Portada

ás 12.00 horas

'Fol de veneno', no Sombreiro de Merlín

O programa presenta o terceiro número do Anuario de Antropoloxía e Historia de Galicia

ALICIA LÓPEZ  | 22.06.2013 
A- A+

RO
Diante, de esqda. a drta., Alicia López, portando o Anuario "Fol de Veleno" e Carol Bret, detrás, Rafa Quintía, Manuel Fernández, Travis, Jaime Sanz, Santi Villares e Miguel Losada
FOTO: RO

Este sábado presentamos no Sombreiro o terceiro número do Anuario de Antropoloxía e Historia de Galicia "Fol de Veleno". Con nós estarán os antropólogos, Rafa Quintía, director, e Miguel Losada, redactor xefe, respectivamente. No Anuario colaboran, a través de diversos artigos, nomes moi salientábeis do mundo da antropoloxía, a etnografía e a historia.

O Anuario  conta asemesmo cun artigo escrito pola directora do Sombreiro de Merlin, Alicia López, sobre a cuentística afroamericana e a figura da bruxa-terapeuta, na base da obra literaria de Candler Harris, folclorista nado en Georgia, quen recolleu a cuentística dos pobos escravos nas prantacións sureñas.

Queremos destacar tamén o artigo de Susi Gesto, sobre a nosa Ourivería, nunha mención especial á que foi hai pouco a nosa convidada no Sombreriro de Merlin e á que agardamos volver a ter pronto entre nós.

O número conta tamén con artigos e nomes da altura de Xavier Moure Salgado, Joám Evans Pim,Carmen Arnau Muro, Carlos Víctor Rodríguez Diéguez,José Luis Cardero López, André Pena Granha,José A.Gavilanes Blanco, Antón Fernández Malde, Marie Claude Auffret,Pablo Novoa Álvarez, Manuel Gago, Susi Gesto, José Luis Lozano Rúa, ademáis dos devanditos Rafa Quintía e Miguel Losada.

Dende O Sombreiro de Merlin queremos dar os parabéns a todos os que realizan esta laboura cultural e á SAGA, a Sociedade Antropolóxica Galega, da que os nos convidados son membros fundadores e que está a acadar grande sona e recoñecemento. Agardamos presentar pronto o Anuario en Compostela, tema do que vos informaremos puntualmente.

O programa completaráse coas nosas enriquecedoras seccións semanais de poesía e textos escollidos, neste caso por Carol Bret, moi actual e simbólica, non a perdades, do noso benquerido poeta Jaime Sanz, as recomendacións máis lúdicas e lúcidas do mundo literario da man de Manuel Fernández, e coma sempre,  as sempre acertadas escollas musicais por parte de Santi Villares. Travis acompañaranos asemesmo no estudio para realizar unha reportaxe fotográfica, como noutras ocasións, cuxos resultados poderedes atopar no noso facebook.

Feliz sábado e feliz escoita!

Foto:  en primeiro plano, de esquerda a dereita, Alicia López, portando o Anuario "Fol de Veleno" e Carol Bret, detrás, Rafa Quintía, Manuel Fernández, Travis, Jaime Sanz, Santi Villares e Miguel Losada.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies