A concelleira delegada de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez Iglesias, será quen inaugure esta proposta, que busca achegar o mundo de astronomía aos máis pequenos. Informa o concello nun comunicado.
As actividades programadas polo Concello de Santiago dentro do proxecto Escola de Verán 2012 seguen a traer novas propostas lúdicas e educativas para os máis pequenos. Así, o barrio das Fontiñas estrea este mércores 12 de xullo o planetario, un novo espazo onde poderán coñecer de preto e resolver todas as súas dúbidas relacionadas coa astronomía e o universo exterior.
A concelleira delegada de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez Iglesias, será quen inaugure no CEIP Fontiñas esta actividade programada no marco das Escolas de Verán 2012, iniciativa incluída dentro do Programa Municipal de Conciliación do que se están a beneficiar máis de 225 nenos e nenas matriculados entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria.
Os participantes das Escolas de Verán 2012, cuxas actividades levan en marcha dende o remate do curso escolar e que se alongarán ata o 31 de xullo, xa tiveron a oportunidade de converterse en pequenos científicos grazas a unha serie de actividades en torno ao medio ambiente, a biología e os inventos, ademais de outras propostas como a de obradoiros de cociña, xogos tradicionais ou de auga, nas piscinas instaladas en cada un dos centros educativos da cidade que acollen esta iniciativa.