Entrevista
Henrique Alvarellos, comisario de 'As fotos máis antigas de Galicia'
![]() Henrique Alvarellos, el conselleiro Xesús Vázquez y el alcalde Agustín Hernández
FOTO: Fernando Blanco |
Onte foi inaugurada no Café Casino a mostra "As fotos máis antigas de Galicia", producida pola Editorial Alvarellos e que recolle vinte instantáneas tomadas no 1858 na cidade de Compostela. A exposición percorrerá os centros de Fontiñas, A Rocha, o Ensanche e Conxo.
O comisario da mostra, Henrique Alvarellos, explicou en Radio Obradoiro que as imaxes da exposición datan de 1858. O seu autor foi o artista local, natural do barrio de Sar, Andrés Marcelino Cisneros Pereiro, un "compostelán moi esquecido, pero que foi un ilustre pioneiro da fotografía en España".
Alvarellos salientou a calidade das instantáneas que ofrecen distintas panorámicas de monumentos e espazos da cidade: dende a famosa vista da Catedral dende a Alameda, que neste caso é a primeira imaxe obtida desde este punto, hoxe tan fotografado; unha praza do Obradoiro co chan de terra, a Exposición Rexional Galega montada en San Martiño Pinario, ata o antigo e desaparecido " Paseo de París", na Alameda fronte á igrexa do Pilar (hoxe avenida Xoán Carlos I), entre outros espazos. As fotografías proceden de distintos arquivos públicos e coleccións privadas que Alvarellos Editora decidiu sacar á luz. "A fotografía permítenos viaxar no tempo dunha maneira única", explicou Alvarellos.
Síguenos en twitter e facebook