99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Viernes, 09 de Junio de 2023
Noticia 1 de 1 Portada

"Hai que promocionar toda a sabedoría que teñen os maiores"

Marta Capeáns, presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, falou en Radio Obradoiro do curso que se vai desenvolver en Santiago coa Sociedade Galega de Xeriatría

Marta Capeáns, segunda pola dereita, durante a presentación do curso - FOTO: COTSG
Marta Capeáns, segunda pola dereita, durante a presentación do curso - FOTO: COTSG

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Marta Capéans, presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia

SANTIAGO. RO  | 28.10.2016 
A- A+

O Colexio de Traballo Social (COTSG) presentou, xunto coa Sociedade Galega de Xeriatría, o curso de Traballo Social en Xerontoloxía: "Laboratorio de Ideas e Intervención Xerontolóxica en Traballo Social. Novas estratexias e Modelos", que se desenvolverá o 19 e o 26 de novembro no Colexio Oficial de Medicina.

Del falamos este venres en Radio Obradoiro coa presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Marta Capeáns denunciou "o abandono que ten o eido da xerontoloxía e a xeriatría a nivel de toda España". En Galicia a situación é aínda máis delicada, xa que "a nosa poboación é a máis avellentada do país". Por se fora pouco, "só temos dous centros especializados na nosa comunidade autónoma para atender ós maiores". Cre preciso "tomar medidas, concienciar e mobilizar a esta xente para que teña unha vellez activa e útil".

Para Capeáns, é preciso "ter outra mentalidade para traballar cos maiores, que teñen moito que aportar. Toda esa sabedoría que teñen acumulada hai que promocionala".

As inscricións para o curso, dirixido fundamentalmente ós traballadores sociais, van tan ben, que a presidenta do COTSG xa pensa nunha segunda edición.

Síguenos en Twitter Facebook 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies