Entrevista
Marta Capéans, presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
O Colexio de Traballo Social (COTSG) presentou, xunto coa Sociedade Galega de Xeriatría, o curso de Traballo Social en Xerontoloxía: "Laboratorio de Ideas e Intervención Xerontolóxica en Traballo Social. Novas estratexias e Modelos", que se desenvolverá o 19 e o 26 de novembro no Colexio Oficial de Medicina.
Del falamos este venres en Radio Obradoiro coa presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Marta Capeáns denunciou "o abandono que ten o eido da xerontoloxía e a xeriatría a nivel de toda España". En Galicia a situación é aínda máis delicada, xa que "a nosa poboación é a máis avellentada do país". Por se fora pouco, "só temos dous centros especializados na nosa comunidade autónoma para atender ós maiores". Cre preciso "tomar medidas, concienciar e mobilizar a esta xente para que teña unha vellez activa e útil".
Para Capeáns, é preciso "ter outra mentalidade para traballar cos maiores, que teñen moito que aportar. Toda esa sabedoría que teñen acumulada hai que promocionala".
As inscricións para o curso, dirixido fundamentalmente ós traballadores sociais, van tan ben, que a presidenta do COTSG xa pensa nunha segunda edición.