102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Sábado, 27 de Agosto de 2016
Noticia 1 de 1 Portada

entrevista con Antonio Pérez Casas en Radio Obradoiro

"Hai unha certa resistencia a liderar Acotés"

O presidente en funcións do colectivo de comerciantes confía no futuro da entidade, se ben explica que "todo o mundo ten o seu traballo, a súa familia, e é dificil dedicar tódalas semanas un tempo á asociación" // En cinco anos perderon 80 socios, "pero segue sendo a máis numerosa de Galicia"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Antonio Pérez Casas, pte. en funcións de Acotés


SANTIAGO. RO  | 15.06.2012 
A- A+

ECG
Antonio Pérez Casas
FOTO: ECG

"Cremos que non vai haber ningún problema para que Acotés siga adiante". Así o confirmaba este venres en Radio Obradoiro o presidente en funcións do colectivo de comerciantes de Santiago. Non obstante, Antonio Pérez Casas recoñecía que "hai unha certa resistencia a liderar a asociación". Engadía neste sentido que "todo o mundo ten os seus traballos, a súa familia, e é difícil adicarlle un tempo ó colectivo tódalas semanas".

A asamblea celebrada este xoves pola noite, marcada pola escasa afluencia debido a que coincidía co partido de España na Eurocopa, foi, segundo Pérez Casas, "unha xuntanza de contacto". Sinalou que "tódolos socios lamentan que se puidera chegar a unha situación de posible disolución, cando este domingo Acotés cumpre 25 anos". 

Sobre o seu traballo á fronte do colectivo de comerciantes, Pérez Casas sinalou que lle tocou pelexar "cunha situación bastante complicada, moi difícil, na que pese a todo se conseguiu estabilizar económicamente a asociación. Agora procede unha renovación da directiva". Esa renovación tería que quedar resolta na asamblea que Acotés vai celebrar no prazo dun mes. Nos últimos cinco anos a asociación "perdeu 80 socios, pero sigue sendo a máis numerosa de Galicia".

 

 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies