99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Viernes, 09 de Junio de 2023
Noticia 1 de 1 Portada

"A LOMCE pretende que haxa colexios A, B, C, e Z"

A Confederación de Anpas Galegas critica a nova normativa de elección de directores, xa que suporá que sexan nomeados por parte da administración educativa e non da comunidade educativa // O seu vicepresidente, Fernando Lacaci, sinala en Radio Obradoiro que este sistema provocará que os centros sexan "un polvorín permanente"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Fernando Lacaci, vicepresidente de Anpas Galegas


SANTIAGO. RO  | 12.03.2014 
A- A+

A Confederación de Anpas Galegas está en contra do sistema de elección dos directores dos centros educativos que recolle a LOMCE. Segundo o colectivo, "se lle dean as voltas que se lle dean, a realidade é que a administración educativa vai nomear a máis do 50% dos electores do director. Eso é tanto como escoller o director directamente". Así o explicaba nunha entrevista este mércores en Radio Obradoiro o vicepresidente de Anpas Galegas.

Segundo Fernando Lacaci, tendo en conta que o director "é alguén que representa ó colexio, debera estar avalado por toda a comunidade educativa". Na actualidade, engadía, os directores "os acababa nomeando o consello escolar, logo de que os candidatos presentaran un proxecto. Só no caso de que non haia candidatos ou se produza un rexeitamento dos mesmos, a administración educativa podía traer a un director, pero sempre con carácter de transitoriedade".

Na súa opinión, co novo sistema de elección o colexio vai ser "un polvorín permanente. Ó final, este tipo de cousas sempre acaban mal". Cre Lacaci que a LOMCE "pretende que existan colexios A, B, C e Z". Tamén vinculou este asunto "á diminución radical de competencias dos consellos escolares e á maior potenciación da figura do director como factotum".

Síguenos en twitter y facebook  

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies