El Correo Gallego Galicia Hoxe CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Radio Obradoiro Radio Obradoiro
Santiagoteespera.com
102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Viernes, 18 de Mayo de 2012

[Noticia 1 de 1] Portada

O alcalde de Teo falou este luns en Radio Obradoiro

"Máis que unha fractura, o resultado da asamblea reflicte a pluralidade do BNG"

30.01.2012  Martiño Noriega, de Encontro Irmandiño, cre que o remate das discusións no seo do partido "dependerá das actitudes e da maneira de entender as tomas de decisións"

3.7/5 [3 Voto/s]

4
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. OLGA VILAR

Martiño Noriega, alcalde de Teo
Martiño Noriega, alcalde de Teo

A XIII asamblea do BNG, celebrada esta pasada fin de semana no recinto feiral de Amio, en Santiago, concluiu co que Xosé Manuel Beiras definiu coma "un empate técnico", se ben a UPG conseguiu impoñerse pola mínima á proposta de Encontro Irmandiño e +Galiza. Guillerme Vázquez seguirá sendo o portavoz nacional, e Francisco Jorquera o candidato á presidencia da Xunta.

Este luns, en Radio Obradoiro, o alcalde de Teo e integrante de Encontro Irmandiño, a corrente encabezada por Beiras, sinalaba que "o BNG deu exemplo de comportamento democrático, permitindo a participación masiva dos militantes". Para Martiño Noriega, o resultados, máis que unha fractura no seo do formación nacionalista, "reflicte a pluralidade e a realidade do Bloque".

Preguntado por se considera que co resultado da asamblea rematarán as leas no BNG, Noriega afirmou que "dependerá das actitudes, da maneira de entender as tomas de decisións. A propia praxis demostrará se se recolle o mandato dunha formación plural". O alcalde de Teo sostén que ese resultado reflicte que "non hai unha victoria clara de ningunha das dúas opcións". Tamén recoñeceu que a unión de Encontro Irmandiño e +Galiza "era complicada, pero cun denominador común: a necesidade dun discurso onde todo o mundo se sentira reflectido".

A respecto da decisión de Carlos Aymerich, de +Galiza, de retirarse da primeira fila da política, Noriega sinalou que "as decisións persoais hai que comprendelas e respectalas". Malia todo, cre que Aymerich, pola súa traxectoria, "ten que seguir sendo un activo do BNG".

Os pasos a dar a partires de agora polo Encontro Irmandiño, serán decididos "ninha asamblea que se celebrará como moi tarde esta primavera". O alcalde de Teo pensa que "estes días cómpre actuar con discreción e con equilibrio".

Sobre o papel xogado neste proceso asambleario por Beiras, o rexedor di que a súa disposición "foi un xesto de xenerosidade, porque el deixou claro que a súa carreira política estaba rematada pero que lle faltaba un epílogo".

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad