102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  107.5 Xallas - Santa Comba  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Domingo, 26 de Octubre de 2014

Noticia 1 de 1 Portada

"No caso de Amio, Currás solucionou un problema que el mesmo creara"

O portavoz da Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Amio valora en Radio Obradoiro a entrevista do alcalde cos tratantes de gando, malia que recoñece que "nos gustaría que algún día nos recibira a nós" // A respecto da proposta do executivo de trasladar a feira ós luns, Manuel Da Cal di que "deberían pensar as cousas un pouco mellor"

Manuel Da Cal - FOTO: FRUGA
Manuel Da Cal - FOTO: FRUGA

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Manuel Da Cal, Plataforma de apoio a Amio


SANTIAGO. RO  | 15.06.2012 
A- A+

A feira de gando de Santiago seguirá celebrándose en Amio, os mércores, e, en caso de que unha semana se precise o recinto para outra actividade, podería trasladarse a outro lugar ou suspenderse. Esas son as principais conclusións da entrevista que este xoves mantiña o alcalde, Ángel Currás, cos representantes dos tratantes de gando, logo da polémica xurdida polo posible traslado do mercado a Silleda.

Unha xuntanza da que falaba este venres en Radio Obradoiro o portavoz da Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Amio. Segundo Manuel Da Cal, o ocorrido onte "é un paso que se tiña que dar, despois de que o mercado de gando fora cuestionado polo goberno local. Supuxo dar marcha atrás, e rectificar e solucionar un problema que o alcalde creara".

Sobre a proposta que lle trasladou Currás ós gandeiros a respecto de cambiar a data da feira do mércores para o luns, Manuel Da Cal sinalou que "non as pensan". Ó seu xuízo, esta modificación causaría problemas "para o normal desenvolvemento da feira. Se hai unha actividade en Amio ata o domingo, non habería tempo material para ter listo o recinto ás tres da mañá para a entrada do gando. Deberían pensar as cousas un pouco mellor".

Malia que ve positivo o encontro de onte, Da Cal recoñece que "nos gustaría que algún día o alcalde recibira á plataforma". Segundo dixo, "os problemas co mercado de gando sempre xurdiron por parte do goberno municipal e sen saber por que. Non hai unidade de criterios por parte do executivo". 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies