102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Miércoles, 19 de Junio de 2013

Noticia 1 de 1 Portada

a partir do 2 de xullo

"No Vía Stellae capeamos a crise con imaxinación e traballo"

José Víctor Carou, director artístico do festival deu en Radio Obradoiro as claves da edición deste ano // O barroco e outras músicas como o flamenco, xunto con artistas galegos percorrerán 7 escenarios de Compostela

José Víctor Carou, Ángel Currás, Anxo Lorenzo e Juan Carlos F. Fasero - FOTO: César Martínez
José Víctor Carou, Ángel Currás, Anxo Lorenzo e Juan Carlos F. Fasero - FOTO: César Martínez

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

José Víctor Carou, director Festival Via Stellae


SANTIAGO. RO  | 26.06.2012 
A- A+

O Festival Vía Stellae comezará o vindeiro luns a súa VII edición cunha programación que incluirá concertos en diferentes espazos de Compostela. O seu director artístico, José Víctor Carou, explicou en Radio Obradoiro que "o festival segue tendo o barroco como eixe pero aposta tamén pola amplitude de miras e pola fusión con outros xéneros como o flamenco, o jazz e a música contemporánea".  Así, destacou algunhas das propostas máis atractivas deste ano.  "A estrea da ópera de Haendel 'Rodelinda' da man de Vespres d'Arnadí o 10 de xullo, a oportunidade de desfrutar de concertos Vivaldi pouco coñecidos na cita inaugural co violinista Enrico Casazza ou a orquestra barroca Academia de Piaccere co cantaor Arcángel o día 5 de xullo".

Esta edición do Vía Stellae conta cun 75% menos de presuposto público pero sen embargo programa catro concertos máis. Carou explicou que  isto foi posible porque "capeamos a crise con imaxinación, traballo e coa colaboración de varias institucións".

Carou explicou que os concertos terán lugar na "sede principal que segue sendo o Teatro Principal",  no Salón Teatro, Igrexa da Universidade, Auditorio de Galicia, na Praza de Abastos, onde haberá concertos de jazz, na Zona C e o CGAC, "que será a sede dos concertos de música contemporánea".

As entradas están xa á venda e poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e a través de Novagalicia Banco.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad