102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Miércoles, 19 de Junio de 2013

Noticia 1 de 1 Portada

"O ocorrido no pleno de Ames é un auténtico atentado democrático"

O responsable local do BNG no concello censura a decisión de Santiago Amor de pospoñer o debate dos presupostos por estar o PP en minoría // Alberte Souto sostén en Radio Obradoiro que o actual grupo de goberno "abriu moitos frentes e creou moitos conflictos, o que está a provocar unha erosión social que se traslada ó político"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Alberte Souto, responsable local do BNG de Ames


SANTIAGO. RO  | 27.07.2012 
A- A+

O Concello de Ames acolleu este xoves o pleno ordinario mensual, ó que o alcalde ía levar o debate dos presupostos deste 2012. Sen embargo, tal e como recolle El Correo Gallego, Santiago Amor decidiu aprazar este punto da orde do día pola anunciada ausencia de tres dos seus concelleiros, o que deixou o seu executivo en minoría. PSOE e Ames Novo tachan de cobarde ó rexidor, e xa anunciaron que van estudar "as vías xurídicas" para denunciar o ocorrido. O alcalde xustificou o aprazamento sinalando que era para que as enmendas da oposición ás contas puideran ser estudadas.

Este venres, en Radio Obradoiro, o responsable local do BNG en Ames, partido que ten representación institucional pero non política, explicaba que o sucedido "nos pareceu un auténtico atentado democrático". Dixo Alberte Souto que "este grupo de goberno abriu moitos frentes e creou moitos conflictos". Na súa opinión, "está provocando unha erosión social que se traslada ó político, e moitos ben que non é un executivo con bo eco na cidadanía".

A respecto das contas, o BNG sostén que "renuncian a loitar contra a crise". Souto sinalou que "se comparamos estos presupostos cos aprobados en 2010 por un goberno de signo diferente, vemos que hai moitas similitudes cando a situación agora é moi distinta". Os únicos cambios, engadiu, teñen que ver "coa previsión de caída dos ingresos e as medidas para cumprir co obxectivo de déficit". Segundo Souto, o BNG bota en falla "que non haxa un incremento do gasto social, tendo en conta a crise, nin tampouco medidas para estimular ou recuperar a actividade económica no concello".

O responsable local do BNG de Ames pensa que "o PP debería reconsiderar os presupostos e adaptalos á situación económica e social do concello".

 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad