99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Viernes, 10 de Abril de 2020
Noticia 1 de 1 Portada

O proxecto botou a andar o pasado 17 de maio

"Patrimoniogalego.net estase convertindo tamén nunha guía turística"

O xornalista Manuel Gago, responsable do novo catálogo social dos bens culturais galegos, explica en RO que se consiguen chegar a inventariar 5.000 dos 15.000 que se calcula que existen en Galicia, será a base de datos patrimoniais máis importante de España // De momento levan 200

SANTIAGO. RO  | 29.08.2011 
A- A+

Soledad Felloza
Manolo Gago é o responsable de patrimoniogalego.net
FOTO: Soledad Felloza

O pasado 17 de maio botaba a andar patrimoniogalego.net, cuxo obxectivo último é axudar a conservar o patrimonio galego. O responsable da iniciativa, o xornalista e profesor da USC, Manolo Gago, explicaba hoxe en Caixón de sastre que o balance destes tres meses é moi satisfactorio. Polo momento, dos 15.000 que se calcula que hai en Galicia, levan inventariados 200 bens. Segundo Gago, con este traballo "estamos descubrindo sitios moi interesantes para ir a ver. É moi posible ademais que o que concebimos como unha ferramenta de salvagarda dos ben patrimoniais, tamén se estea convertindo nunha especie de guía turística. A xente vai visitar os lugares que vai descubrindo".

Manolo Gago tamén explicou que na composición da web están a ter moita importancia "os comentarios que fai a propia xente sobre os bens patrimoniais". Neste sentido, sinalou que hai un núcleo central composto por un equipo de arqueólogos, arquitectos e xestores culturais, "que revisan toda a información que se vai metendo". Tamén dixo que está a ocorrer o que agardaban: "A Coruña e Pontevedra son as provincias que están metendo máis fichas, porque son as que teñen un maior número de conectados a internet. Este inverno queremos facer un esforzo especial para implicar a Lugo e Ourense".

O obxectivo máis inmediato agora é chegar ós 1.000 bens inventariados. Gago engadiu que "se chegarmos ós 5.000, patrimoniogalego.net vai ser a base de datos de patrimonio cultural más importante de España". Calcula que chegar a iso podería levar entre 2 e 3 anos. Podedes consultar o feito ata o de agora na devandita web.

Escoita o audio completo na sección "As entrevistas do día"

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies