102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Martes, 30 de Agosto de 2016
Noticia 1 de 1 Portada

La Phaze e Ataque Escampe actuarán dentro da XI edición do Festigal

Será o 24 e 25 de xullo en Santiago // Haberá concertos, actividades literarias, proxeccións, debates e diversión para os máis pequenos

SANTIAGO. EP  | 14.06.2012 
A- A+

Os franceses La Phaze e o galegos Ataque Escampe son as primeiras dúas bandas que confirmaron a súa asistencia o próximo mes de xullo en Santiago á XI edición do festival Festigal, que terá lugar os días 24 e 25 de xullo.

A programación do Festigal estenderase ao longo de 48 horas e combinará actuacións musicais con actividades literarias, debates, exposicións e proxeccións audiovisuais. Ademais, haberá espazos para mostras de artesanía galega, asociacións ou diversión para os máis pequenos.

Mentres que La Phaze ofrecerá aos asistentes un potente directo con ritmos reggae e punk con bases electrónicas, Ataque Escampe repasará o seu 'Rock de serie B' con xéneros que van desde a canción popular galega ao country, pasando polo soul ou o rap.

 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies