102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Viernes, 24 de Mayo de 2013

Noticia 1 de 1 Portada

Paula Prado estivo en Radio Obradoiro

"O que podía ser unha película de Hitchcock quedou nunha de Martínez Soria"

A portavoz do executivo compostelán recoñece estar sorprendida polo "uso doméstico" que se facía do manuscrito // Cre que o presunto autor do furto levou o libro "sen ser consciente do que estaba collendo" // Sostén que o ocorrido pode atraer turistas a Compostela, interesados en coñecer o Códice

Paula Prado - FOTO: RO
Paula Prado - FOTO: RO

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Paula Prado, portavoz do executivo de Santiago


SANTIAGO. RO  | 06.07.2012 
A- A+

Paula Prado, portavoz do executivo compostelán, volveu expresar este venres en Radio Obradoiro a satisfacción do goberno pola aparición en bo estado do Códice Calixtino. Chegados a este punto, sinalou, "debemos aproveitar esta desgracia para que Santiago estea no centro do mundo". Na súa opinión, o ocorrido "debería ser unha oportunidade, xa que pode xerar interese naqueles estranxeiros interesados en ver o manuscrito" e, polo tanto, en achegarse a Compostela.

A concelleira recoñeceuse sorprendida "polo uso doméstico que se facía do Códice Calixtino, facendo anotacións nel ou poñéndolle marcas. Era como un libro de consulta. Supoño que, despois do ocorrido, haberá un antes e un despois no uso do manuscrito. Agora será máis unha peza de museo".

O que non lle sorprendeu tanto foi que detrás do furto estivera un traballador da Catedral, "porque dende un principio se dixo que tiña que ser alguén de dentro. Sorprendeume ver como tiña o Códice, nun garaxe cheo de trastos". Paula Prado expuxo a súa propia teoría sobre o acontecido. Ó seu xuízo, Manuel Fernández Castiñeiras "estaba acostumado a coller cousas da Catedral, e colleu o Códice coma se fora un libro máis. Imaxino a súa sorpresa cando viu que non era así. Hoxe puxen un tweet no que dicía que este home tiña un síndrome de Dióxenes de luxo". En calquera caso, a concelleira admitiu que esperaba "algo máis sofisticado". Para Prado, o que podería ter sido "un bo guión para unha película de Hitchcock ou Spielberg, quedou nunha de Berlanga ou de Martínez Soria". 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad