O CiTIUS recibe este venres 15 a visita do director xeral de LANZADERA, a aceleradora de transferencia destinada a apoiar o emprendemento impulsada polo empresario Juan Roig, presidente da compañía Mercadona. Na súa charla Javier Jiménez Marco explicará o Modelo de Calidade Total, un paradigma que revolucionou o mundo empresarial da distribución e que dende hai anos se aplica nas empresas que contaron co apoio de LANZADERA.
A conferencia, prevista para as 10.30 horas no Salón de Actos organizada en colaboración co Grupo de Desenvolvedores de Google en Compostela, será de acceso libre e servirá para explicar en detalle o proceso de selección así como as características máis valoradas pola plataforma para completar a convocatoria 2015-2016, que se abre o próximo mes de febreiro.
Concluído o proceso de recepción e análise de candidaturas de novos emprendedores, as empresas seleccionadas trasladaranse ás instalacións de LANZADEIRA en Valencia, onde a plataforma achegará e custeará o soporte administrativo, legal, contable e laboral de cada proxecto durante o programa.