99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 11 de Noviembre de 2019
Portada

"Prestogal busca facilitar o intercambio, préstamo e cesión de recursos entre os veciños e veciñas de Santiago"

Fátima Rodríguez presentou en Radio Obradoiro a plataforma de consumo colaborativo de Compostela // O proxecto comezará a fase piloto coa colaboración da A.VV. As Marías e o apoio do Concello de Santiago.

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Fátima Rodríguez, directora de Promove

SANTIAGO. RO  | 04.02.2016 
A- A+

Radio Obradoiro
Fátima Rodríguez en Radio Obradoiro
FOTO: Radio Obradoiro

Esta semana presentouse en Compostela Prestogal, unha plataforma web de consumo colaborativo que afronta a súa fase piloto coa colaboración da A.VV As Marías e o apoio do Concello de Santiago. O proxecto é o único de tipo público que existe na actualidade e o seu obxectivo é "facilitar o intercambio, préstamo e cesión de recursos entre os veciños e veciñas de Santiago". Así o explicaba en Radio Obradoiro Fátima Rodríguez, directora de Promove, a empresa compostelá encargada de deseñar e implantar o Prestogal. Segundo dixo, a idea é que tras superar a súa fase piloto na que participa a A.VV. As Marías, se extenda a outros colectivos da cidade, xa que para empregar a plataforma é preciso que o usuario pertenza a algunha asociación de Santiago. Unha vez rexistrado, o usuario poderá, por exemplo, dar saída aos obxectos que teña infautilizados na casa.  

Síguenos en Twitter e Facebook 

 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies