99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 29 de Noviembre de 2021
Noticia 1 de 1 Portada

"A situación estase a volver insostible para o sector científico en España"

Precarios-Galicia mobilizouse este mércores na Praza do Obradoiro en contra dos recortes en I+D+i // A convocatoria, que se desenvolve a nivel nacional, foi feita polo colectivo "Carta pola Ciencia"

Dúas científicas no laboratorio do edificio Cimus, da USC - FOTO: Fernando Blanco
Dúas científicas no laboratorio do edificio Cimus, da USC - FOTO: Fernando Blanco

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Andrés Pérez, Precarios-Galicia


SANTIAGO. RO  | 19.12.2012 
A- A+

O colectivo "Carta pola Ciencia" convocou este mércores mobilizacións en toda España en contra dos recortes do Goberno en I+D+i. En Galicia a protesta será na Praza do Obradoiro ás 13.30 horas. Os organizadores explican que estas protestan nacen despois de que o Instituto Nacional de Estatística informase de que, en 2011, o gasto español en I+D+i caeu ao 1,33 por cento do PIB,   rompendo a traxectoria ascendente desta porcentaxe nas últimas décadas. 

En Radio Obradoiro, o portavoz de Precarios-Galicia, un dos colectivos integrados en "Carta pola Ciencia", sinalaba que comprenden que a situación económica actual obrigue "a unha redución presupostaria en termos relativos, pero non cando falamos do PIB". Rubén Pérez tamén cre que "dende a sociedade non se ve o beneficio económico directo da ciencia, que é rendible a curto, medio e longo prazo".

Nega que o sector científico estea illado da sociedade, se ben admite que "é difícil divulgar certos coñecementos" e facelos comprensibles. O que ten claro é que sin a ciencia "a realidade sería moi diferente".

A situación actual, "que se está volvendo insostible para o sector en España", está a provocar que "os cartos investidos en proxectos de investigación, en formar á xente, se están a perder porque son moitos os que marchan a traballar fóra". Lembrou ó respecto que "os recortes en recursos humanos en investigación son acusados dende hai xa moitos anos". A isto súmase que "os proxectos de investigación son cada vez máis escasos, e hai que facer experimentos máis pequenos, agruparse con máis xente e xuntar fondos".

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies