102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Sábado, 22 de Julio de 2017
Noticia 1 de 1 Portada

ás 12 da mañá

'O Sombreiro de Merlín' achegarase á actividade da Sociedade Antropolóxica Galega

O programa contará con Rafael Quintiá e Miguel Losada, membros fundadores de SAGA

SANTIAGO.RO  | 31.03.2012 
A- A+

RO
De esq. a der. David González Couso, Travis, Alicia López, Miguel Losada e Rafael Quintía.
FOTO: RO

Nesta ocasión 'O Sombreiro de Merlín contará con dous membros fundadores de SAGA, a Sociedade Antropolóxica Galega (www.antropoloxiagalega.org), Rafael Quintía, presidente, e Miguel Losada, secretario e co-editor da mesma. Rafael Quintía é licenciado en Ciencias Empresariais e en Antropoloxía Social e Cultural, autor de diversos ensaios, artigos etnográficos, gañador do premio de investigación Luis Cuadrado 2006, director da publicación "Flor de Veleno", co-director e co-guionista de documentais, membro fundador do Grupo de estudios Etnográficos Serpe Bichoca e no eido da música é tamén compositor e membro-fundador da formación de música tradicional e asociación cultural "Os Chichisos". Miguel Losada, estudou dereito na USC e Xestión medioambiental na Universidade Politécnica de Cataluña. É tamén etnógrafo e antropólogo, e cursa o grao de Xeografía e Hª na UNED; experto en autoconstrucción ten participado e dirixido varios proxectos integrais en Galicia.

Este mesmo eclecticismo intelectual e toda esta versatilidade reflíctena ambos en SAGA, asociación cultural sen ánimo de lucro, fundada en agosto de 2011, cuxos obxectivos son a investigación e divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional e a promoción de todas as actividades, publicacións ou traballos que contribuan á conservación, investigación e divulgación do acervo cultural galego. De entre todos os proxectos que SAGA leva adiante, Rafael y Miguel falarán da saída ás rúas dun Anuario que incluirá artigos de diversos autores, nesta liña de aperturismo dialéctico coa cultura e a sociedade, entre os que cabe salientar os dos convidados, o do doutor Carlos Victor Rodríguez Diéguez, e o da directora e presentadora do Sombreiro de Merlin, Alicia López. O primeiro número será presentado neste espazo radiofónico de RO en breves datas.

A sección 'O Marcapáxinas', aparte das recomendacións habituais, centrarase neste caso na serie Keltia que edita Toxosoutos, da man do colaborador do programa David González Couso, director de publicacións da mesma, que irmana temas e intereses cos dos nosos convidados.

A música en 'O Sombreiro de Merlín' virá este sábado da man de Loreena Mckennitt, e os temas "Dante's prayer" e "The Lady of Sahalott".

Máis información sobre o programa en facebook. 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies