99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Martes, 21 de Septiembre de 2021
Noticia 1 de 1 Portada

HOXE ÁS 12.00 HORAS

'O Sombreiro de Merlín' presenta 'Fol de Veleno'

É o segundo número do Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza // No programa intervirán os antropólogos Rafael Quintía e Miguel Losada

SANTIAGO. RO  | 22.06.2012 
A- A+

RO
De esquerda á dereita, Miguel Losada, Rafa Quintía, Alicia López, Manuel Fernández e David González Couso
FOTO: RO

Este sábado temos como convidados no Sombreiro de Merlín a Rafael Quintía e Miguel Losada, en representación da SAGA ( Sociedade Antropolóxica Galega, http://www.antropoloxiagalega.org/) para presentar o segundo número do seu Anuario 'Fol de Veleno'. Ambos antropólogos vistaron O Sombreiro de MerlÍn hai xa uns meses para anunciar este proxecto cultural que está xa hoxe nas rúas.

Rafael Quintía é licenciado en Ciencias Empresariais e en Antropoloxía Social e Cultural, autor de diversos ensaios, artigos etnográficos, gañador do premio de investigación Luis Cuadrado 2006, director da publicación "Fol de Veleno", co-director e co-guionista de documentais, membro fundador do Grupo de estudios Etnográficos Serpe Bichoca e no eido da música é tamén compositor e membro-fundador da formación de música tradicional e asociación cultural "Os Chichisos". Miguel Losada, estudou Dereito na USC e Xestión medioambiental na Universidade Politécnica de Cataluña. É tamén etnógrafo e antropólogo, e cursa o grao de Xeografía e Hª na UNED; experto en autoconstrucción ten participado e dirixido varios proxectos integrais en Galicia.

Esta é una ocasión moi especial para os que facemos O Sombreiro de Merlín, pois o Anuario contén un artigo da directora do programa Alicia López, titulado "Femenino Fausto", tema ao que lle adicaremos un programa especial no seu momento con especialistas no tema. O anuario leva artigos de antropoloxía e Hª de Galicia, de autores tan prestixiosos coma, ademáis dos nosos convidados, Marie Claude Auffret, X. Alberte Alonso Fernández, Fernando Serrulla Rech, Antonio Reigosa, Carlos Víctor Rodríguez Diéguez, María Fidalgo Casares e Eduardo Castro.

Dende "O Sombreiro de Merlín" queremos agradecer á SAGA a laboura que está a facer en prol da nosa cultura, o seu aperturismo dialéctico coas diversas manifestacións que esta amosa e quedamos á súa disposición para futuras colaboracións.

Para esta ocasión especial, a sección "Os audios de Carol", da nosa colaboradora, a poeta e rapsoda Carol Bret, enriquece á nosa emisión cun magnífico recitado dun texto da súa autoría que leva o expresivo título de "Pajaraagorera", e que poderedes escoitar tamén na nosa web.

A música corre a cargo tamén do noso convidado Rafael Quintía, con pezas da súa autoría, interpretadas xunto a Xan Vieitez.

A sección "O Marcapáxinas" corre a cargo nesta ocasión do director de publicacións de Toxosoutos David González Couso e de Manuel Fernández da Concellaría de Xuventude.

Seguide a nosa actualidade través do facebook do Sombreiro de Merlín.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies