El Correo Gallego Galicia Hoxe CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Radio Obradoiro Radio Obradoiro
Santiagoteespera.com
102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Viernes, 18 de Mayo de 2012

[Noticia 1 de 1] Portada

O espazo literario emítese en Radio Obradoiro os sábados, entre as 12.00 e as 13.00 horas

O Sombreiro de Merlín súmase ás homenaxes a Lois Pereiro

22.05.2011  O escritor monfortino foi o protagonista este ano do Día das Letras Galegas

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. RO

Alicia López, esquerda, e Arantxa Serantes FOTO: RO
Alicia López, esquerda, e Arantxa Serantes
FOTO: RO

O programa literario de Radio Obradoiro, O Sombreiro de Merlín, xirou este sábado arredor da figura do homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. No espazo, que dirixe e conduce Alicia López, presentouse o libro “O negro leite da aurora”. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro". A obra, da que son coautores os escritores J.Luís Calvo e Carlos Gegúndez López, está editada por Toxosoutos.

O título é un verso de Paul Celan, ”Schwarze Milch der Frühe”, referente poético do noso poeta monfortino.  Aparte do estudio da obra do poeta, o libro inclúe unha homenaxe poética dos seus amigos e compañeiros poetas e escritores das nosas letras actuais, baixo o epígrafe de “Lápidas”. A obra leva na súa portada un retrato de Lois feito polo fotógrafo Xosé Abad. O programa contou tamén cunha conversa telefónica cos autores do libro, que salientaron a importancia desta figura da escrita e do novo espazo poético que abríu nas nosas letras.

Además, durante o espazo emitíronse tamén dúas grabacións con recitados de Cortizas e Xurxo Souto, máis unha entrevista con este último durante os actos conmemorativos que tiveron lugar nos pasados días en Ferrol.

Podes seguir a actualidade de "O Sombreiro de Merlín no seu perfil de facebook

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad