102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Miércoles, 19 de Junio de 2013

Noticia 1 de 1 Portada

Análise do sector audiovisual

"A suba do IVE favorece a piratería e retrae o consumo"

A produtora Emma Lustres, membro da directiva da Academia Galega do Audiovisual, considera "totalmente desproporcionado" o incremento do imposto en 13 puntos // En Radio Obradoiro, mostrouse convencida de que non vai contribuir a unha maior recadación para o Estado

Emma Lustres - FOTO: Antonio Hernández
Emma Lustres - FOTO: Antonio Hernández

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Emma Lustres, Academia Galega do Audiovisual


SANTIAGO. RO  | 20.07.2012 
A- A+

A Academia Galega do Audiovisual "rexeita frontalmente" a suba do IVE en 13 puntos para as actividades relacionadas co mundo dos espectáculo. A produtora Emma Lustres, membro da directiva da academia, cre que estamos ante "un atranco máis" para o sector. En Radio Obradoiro sinalaba que o incremento "é inasumible para un mundo como o do cine, xa de por sí endeble e cun mercado complicado".

Na súa opinión, estamos ante unha medida "totalmente desproporcionada e que non ten ningún sentido, porque non vai cumprir ningún dos obxectivos para os que foi adoptada". Explicaba ó respecto que o Goberno central non recadará máis porque "ó subir os prezos, descenderá o consumo". Esta, dixo, será a principal consecuencia do incremento do IVE, xunto co feito de que "favorecerá que haxa máis piratería. Tamén beneficiará ás teleoperadoras que meten o internet na casa".

Emma Lustres lembrou que o sector audiovisual "xa está facendo esforzos, porque a produción baixou, a televisión paga menos polos seus produtos e, consecuentemente, tamén baixaron os salarios neste medio. Polo que respecta ó cine, tamén estamos sendo cooperantes nestes recortes. Fanse menos películas, máis baratas e polo tanto, menos competitivas". A produtora engadiu que "esta é a tónica xeral do país, non so nos toca a nós, pero é certo que nós estamos sufrindo moitos máis recortes".

O suba do IVE, a xuízo de Lustres, "é unha forma de que a cidadanía teña menos onde escoller". Cre que "o máis preocupante, sobre todo no mundo do cine, é a repercusión que vai ter sobre a diversidade cultural. Galicia ten moito que perder porque, por detrás de Madrid e Barcelona, é o lugar onde hai máis produción de cine e de televisión". Lustres pídelle ó goberno galego, "que aposta polo sector, que pelexe polos nosos intereses en Madrid". 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad