102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Miércoles, 23 de Abril de 2014

Noticia 1 de 1 Portada

Entrevista co alcalde de Arzúa en Radio Obradoiro

"Teño a sensación de que no BNG non se me quere"

O rexedor arzuán afirma que os dous concelleiros do Bloque que non apoian as súas contas "non me perdoan que non aceptara ó alcalde anterior como asesor" // Asegura que "non recibín ningunha chamada do partido dende que son alcalde, nin sequera cando asumín o cargo" // Di que se as actuacións que están levando a cabo Leonardo Bermúdez e Ignacio García Couso continúan, "o acordo non vai ser posible"

Xosé Luis García, nunha imaxe de arquivo en Radio Obradoiro - FOTO: RO
Xosé Luis García, nunha imaxe de arquivo en Radio Obradoiro - FOTO: RO

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Xosé Luis García, alcalde de Arzúa


SANTIAGO. RO  | 14.06.2012 
A- A+

O alcalde de Arzúa di estar "tranquilo, pero doído". O pasado martes non superou a cuestión de confianza que el mesmo vinculou ás contas municipais de 2012, e na que dous concelleiros do seu grupo, Leonardo Bermúdez e Ignacio García Couso, se abstiveron. En Radio Obradoiro, Xosé Luis García recoñeceu que malia que "a votación foi distinta ó ocorrido no pleno anterior e na comisión de contas, onde os edis se pronunciaron en contra dos presupostos, sorprendeume o acontecido na sesión".

Recoñece que, "máis que a abstención, dóeme a súa actitude". García lembrou que cando aceptou ser o candidato do BNG nas pasadas eleccións, "tomei unha decisión persoal e responsable. Pedíanme ter ó rexedor anterior como asesor e negueime, algo que non sentou ben. Ese foi o pecado máis grave que cometín". Ó seu xuízo, nin Leonardo Bermúdez nin Ignacio García Couso lle perdoan esa decisión.

Aínda que dende o BNG se asegura, tal e como recolle El Correo Gallego, que a secretaria de Organización, Montse Prado, están intentando "achegar posturas" entre os dous bandos do executivo arzuán, Xosé Luis García negou este extremo. Dixo que "eu non recibín ningunha chamada do Bloque dende que son alcalde, nin sequera cando accedín ó cargo". Engadiu que "a única relación que teño co partido é co responsable de política municipal da dirección nacional".´

O rexedor dixo "ter a sensación de que non se me quere dentro do BNG. Imaxino que nalgún momento alguén se poñerá en contacto comigo". Preguntado por se pensa en abandonar o partido, sinalou que é algo que de momento non valorou porque di estar centrado "en que a gobernabilidade do municipio siga adiante".

O que ten claro García é que o acordo no seo do grupo municipal non será posible "se as actuacións que están levando a cabo Bermúdez e García Couso". Entre elas citou "a revogación do consello local, que foi elixido non hai nin dous meses".

Sobre a posibilidade de que a oposición presente unha moción de censura, unha vez que non superou a cuestión de confianza e logo de que o PP xa avanzara que non ten intención de recorrer a ela, o alcalde recoñeceu que "non hai mala relación con ningún dos grupos, que recoñecen que nunca como ata o de agora participaron tanto na política municipal. De feito, xa chegamos ós tres a algún acordo, como por exemplo no relativo ó Plan de Obras e Servizos".

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad