99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Martes, 24 de Mayo de 2022
Noticia 1 de 1 Portada

"Un scout é unha persoa comprometida, con anhelo de botar unha man"

Este 17 de novembro cúmprense 100 anos do nacemento dos scouts en Galicia // O coordinador de programas educativos deste movemento explicaba en Radio Obradoiro que nestes momentos contan na nosa comunidade con 500 persoas "entre rapaces e traballadores voluntarios" // Segundo Prisco Marcos, o seu obxectivo é "educar ós rapaces nunha serie de valores cívicos positivos"

Na imaxe, os participantes dos scouts que este verán fixeron unha peregrinación a Santiago, no marco das actividades organizadas co gallo do centenario - FOTO: Fernando Blanco
Na imaxe, os participantes dos scouts que este verán fixeron unha peregrinación a Santiago, no marco das actividades organizadas co gallo do centenario - FOTO: Fernando Blanco

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Prisco Marcos, Scouts de Galicia


SANTIAGO. RO  | 16.11.2012 
A- A+

Este sábado, 17 de novembro, cúmprense o centenario do nacemento dos scouts en Galicia. Segundo sinalaba en Radio Obradoiro o coordinador de programas educativos, estamos a falar "dun movemento educativo que o que persegue é educar ós rapaces nunha serie de valores cívicos positivos". Son tres os piares que segundo Prisco Marcos rexen este movemento: "a coeducación, a igualdade e a asunción de responsabilidades".

A día de hoxe, en Galicia, forman parte dos scouts "500 persoas entre rapaces e traballadores voluntarios. A eles habería que engadirlles outros colaboradores como son os propios pais destes rapaces". Prisco Marcos explicaba que o seu traballo lévase a cabo "en paralelo ó calendario escolar". Deste xeito, as actividades desenvólvense as fins de semana, e nas vacacións de Nadal, Semana Santa e verán. É durante o período estival cando son máis habituais os campamentos, "buscando o contacto coa natureza".

Prisco Marcos ten agora 31 anos e entrou nos scouts cando tiña 9, concretamente "no grupo de Santiago". Foi probar, e gustoulle. Para el, o scout "é unha persoa comprometida, cun forte sentimento do voluntariado, e con anhelo de servir, de botar unha man".

Explica que malia que tiñan varias cousas preparadas para celebrar esta efeméride, "a convocatoria adiantada de eleccións alterou algunhas das actividades en marcha". 

 

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies