102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 23 de Octubre de 2017
Noticia 1 de 1 Portada

Unha empresa de Santiago triunfa con dúas aplicacións para móbiles e tabletas

A directora de Versal Desarrollos falou en Radio Obradoiro de Mi Ciudad: SCQ e de OferRural // Entre as dúas, explicaba Elena Goyanes, suman 2.500 descargas en só ano e medio e en tempada baixa // Confía en que, "malia o entorno económico desfavorable, a iniciativa calle"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Elena Goyanes, directora de Versal Desarrollos


SANTIAGO. RO  | 11.06.2012 
A- A+

ECG
Elena Goyanes
FOTO: ECG

Unha guía de Santiago para móbiles e tabletas, Mi Ciudad: SCQ, e un buscador de ofertas de última hora para casas de turismo rural, OferRural, desenvolvidas pola empresa compostelá GaliApp, nome comercial de Versal Desarrollos, están a ter un gran éxito malia que saíron ó mercado hai só medio ano e, ademais, en plena tempada baixa. Entre ámbalas dúas suman xa 2.500 descargas.

Este luns, en Caixón de sastre, o magacín matutino de Radio Obradoiro, a directora de Versal Desarrollos sinalaba que a clave do éxito podería estar "na coidada elaboración" das aplicacións, nas que traballan profesionais do xornalismo, a publicidade, o deseño gráfico, a fotografía e a programación. A respecto de Mi Ciudad: SCQ, Elena Goyanes explicaba que decidiron poñer en marcha estas aplicacións porque "non existían prácticamente guías turísticas. Como somos todos de Santiago e nos gusta moito esta cidade, decidimos comezar por aquí". Na aplicación podemos atopar "fichas curtas, con explicacións básicas, e fichas longas para afondar na información". Polo momento a cousa pinta moi ben, e están rexistrando moitas descargas "dende países como Brasil ou Estados Unidos, de xente probablemente interesada en vir a Compostela".

Mi Ciudad: SCQ é para GaliApp, tal e como recoñecía Goyanes, "a nena bonita". Sen embargo, tamén están moi satisfeitos coa acollida que está a ter OferRural, que saiu antes que a guía turística de Santiago. Nesta aplicación están "tódolos establecementos de Pazos de Galicia, con casas grandes, rectorais, de moita calidade". Non é para menos, tendo en conta que "continúa nos primeiros postos de iTunes, onde hai mil millóns de aplicacións". 

Nestes momentos traballan noutros dous proxectos. Como dicía Goyanes, "malia o entorno económico desfavorable, agardamos que estas iniciativas cuallen".

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies