99.6 y 89.9 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Lunes, 29 de Noviembre de 2021
Noticia 1 de 1 Portada

ÁS 12.00 HORAS

A USC colabora este sábado na celebración do X aniversario da Galipedia en Santiago

SANTIAGO. EP  | 08.03.2013 
A- A+

A Universidade de Santiago (USC) colabora este sábado, 9 de marzo, na celebración do décimo aniversario da Galipedia que terá lugar no Colexio Maior Fonseca --no Campus Vida--, unha   iniciativa posta en marcha por Wikimedia España, organización sen ánimo de lucro que tenta fomentar os contidos educativos   libres. 

Esta xornada relacionada co software libre, segundo explica a USC, será inaugurada ás 10.00 horas polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán. 

Na xornada, de acceso libre até completar aforamento, trataranse   diferentes aspectos da Galipedia, as licenzas libres e os dereitos en Internet, segundo indica a USC.

Tras a presentación, intervirán o técnico do Cesga José   Manuel Abuín; o administrador de Galipedia Antonio Gregorio; o director de culturagalega.org, Manuel Gago; e o avogado experto en propiedade  intelectual Javier de la Cueva. Ademais, ás 12.00 horas   terá lugar unha mesa redonda sobre as empresas galegas con licenza libre.   

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de Radio Obradoiro envíe un e-mail a info@radioobradoiro.com Titularidad y política de privacidad. Política de Cookies