El Correo Gallego Galicia Hoxe CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Radio Obradoiro Radio Obradoiro
Santiagoteespera.com
102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Viernes, 18 de Mayo de 2012

[Noticia 1 de 1] Portada

O edil do PP foi un dos convidados de Radio Obradoiro

Vázquez Aldrey: "A reorganización das liñas de autobús non conleva despedimentos"

03.02.2012  O concelleiro compostelán de Tráfico e Mobilidade asegura que "calquera modificación no plantel de traballadores só sería atribuíble á empresa" // Xustifica a modificación do cadro de persoal do concello, alegando que mellorará "a súa eficacia" // A respecto do caso Montebalsa, di que non cre que todo obedeza a un erro

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. RO

Albino Vázquez Aldrey, nunha visita recente a Radio Obradoiro FOTO: RO
Albino Vázquez Aldrey, nunha visita recente a Radio Obradoiro
FOTO: RO

Este venres, o magacín matutino de Radio Obradoiro, Caixón de sastre, tivo entre os seus convidados ó concelleiro de Tráfico e Mobilidade. Albino Vázquez Aldrey foi preguntado, entre outros asuntos, pola reorganización do servizo de autobuses que entrará en vigor o 6 de febreiro. Os traballadores xa expresaron o seu temor a que estes cambios puideran agochar varios despedimentos. Un extremo que desmentiu Vázquez Aldrey.

O concelleiro quixo deixar claro que "a reestructuración está absolutamente dentro do contrato asinado no seu día con Tralusa, a empresa concesionaria". Por este motivo, engadiu que esas modificacións "non conlevan ningún cambio na plantilla de Tralusa, que só sería atribuíble a unha decisión da propia empresa e non ó concello". En opinión de Vázquez Aldrey, esta reestructuración pretende "axustar a oferta á demanda dos cidadáns. Queremos que satisfaga as súas relacións de mobilidade dentro do concello".

Por outra banda, o edil xustificou a incorporación ó plantel do concello de cinco habilitados estatais máis. Di que o único que busca o executivo de Gerardo Conde Roa "é procurar que a organización interna do concello sexa máis eficaz e máis axil". Como exemplo, sinalou que no su departamento a persoa que agora exercerá coma xerente de área, "conseguiu aforrar 131.000 euros en catro meses". Considera "un pouco inexplicable" que os sindicatos con representanción en Raxoi non entendan estes nomeamentos: "eles saberán o que fan e por que".

A respecto do xuízo polo caso Montebalsa, no que este xoves declarou con Ángel Espadas por ter participado na reunión na que foi adxudicada a polémica cuberta do Colexio Quiroga Palacios, Vázquez Aldrey sinalou que non cre "que todo obedeza a un despiste". Na súa opinión, "hai unha responsabilidade política que ninguén quere asumir, motivo polo que o proceso quedará incompleto".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Radio Obradoiro

Entrevista

Albino Vázquez Aldrey, concelleiro de Santiago


Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad