El Correo Gallego Galicia Hoxe CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Radio Obradoiro Radio Obradoiro
Santiagoteespera.com
102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Viernes, 18 de Mayo de 2012

[Noticia 1 de 1] Portada

O alcalde da localidade falou en Radio Obradoiro

"Os veciños apoiarían a construcción da nova pranta de lixo en Cerceda"

01.02.2012  Logo das protestas secundadas no Irixo en contra da instalación, José García Liñares asegura que "non imos facer nada para que veña, pero se nos chaman, aquí estamos" // Afirma que 15 anos despois de que se levantara a de Sogama, "estamos máis convencidos do proxecto do que estabamos daquela"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. OLGA VILAR

Instalacións de Sogama no Concello de Cerceda FOTO: Ramón Escuredo
Instalacións de Sogama no Concello de Cerceda
FOTO: Ramón Escuredo

Ó alcalde de Cerceda gustaríalle que a nova pranta de tratamento de residuos de Galicia, que complementaría á de Sogama, estivera tamén no seu concello. Argumenta que "se fai algo máis de 15 anos apostamos pola pranta, foi porque creíamos nela. Agora estamos máis convencidos aínda". A Xunta decantouse polo municipio ourensán de O Irixo para albergar as novas instalacións, e dende que se fixo pública a noticia se veñen sucedendo as mobilizacións entre aqueles que as rexeitan.

Xosé García Liñares fixo fincapé en que "a experiencia vivida é o noso aval". Lembrou neste sentido que "vencemos a resistencia que había a Sogama a base de información", motivo polo que está convencido de que "se fixeramos un referédum en Cerceda sobre a nova pranta, gañaría o sí".

O rexedor deixou claro que "nós non imos facer nada para que as instalacións veñan a Cerceda, pero de darse a opción non diremos que non". Na súa opinión, a Xunta non vai ter fácil levantar a pranta en O Irixo "e o alcalde do municipio vaino pasar mal". Sobre as vantanxes de levala a Cerceda, lembrou que "a loxística xa está feita". Liñares sinalou que, en calquera caso, agarda que o asunto quede resolto canto antes. "Se nos chaman, aquí estamos".

Por outra banda, o alcade referiuse ó acordo adoitado no último pleno, no que se decidiu anular a sociedade mixta na que o concello ía asumir o 51 por cento da propiedade do parque eólico que no seu día demandou. Segundo García Liñares, este caso "foi un cúmulo de mala sorte desde o principio". Explicou que nestes momentos "non é un negocio moi atractivo, e as circunstancias tamén son diferentes. Parecíanos moito os 4 millóns de euros que tiñamos que desembolsar".

García Liñares falou por último dos orzamentos de 2012 que, "previsiblemente", serán aprobados no pleno do vindeiro martes. As contas, dixo, ascenderán ós 20 millóns de euros, dos que 12,7 millóns van a investimentos "aínda que condicionados polas decisións do Ministerio de Industria". O alcalde afirmou que "reducimos todo o posible en gasto corrente e en gasto de persoal". Espera que este ano sexa "tranquilo", e cre que o que ven "será peor".

 

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Radio Obradoiro

Entrevista

José García Liñares, alcalde de Cerceda


Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad