El Correo Gallego Galicia Hoxe CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Radio Obradoiro Radio Obradoiro
Santiagoteespera.com
102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Viernes, 18 de Mayo de 2012

[Noticia 1 de 1] Portada

ARTES ESCÉNICAS EN RADIO OBRADOIRO

Volpone "morre" esta fin de semana en Santiago

02.02.2012  O espectáculo de Talía Teatro remata o seu periplo no Salón Teatro // A compañía de Cee instalouse durante dúas semanas en Compostela con dúas das súas montaxes // O seu director, Artur Trillo, falou este xoves en RO

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. RO

O elenco de 'Volpone', espectáculo que se representa esta fin de semana en Santiago FOTO: Talía Teatro
O elenco de 'Volpone', espectáculo que se representa esta fin de semana en Santiago
FOTO: Talía Teatro

Talía Teatro representará no Salón Teatro este venres e sábado 'Volpone'. Serán as derradeiras funcións dunha das montaxes máis recentes desta compañía teatral de Cee. O seu director explicou en Radio Obradoiro este xoves que 'Volpone "é un espectáculo que contou con boa aceptación por parte do público pero é moi difícil de mover neste contexto de crise xa que conta cun elenco moi numeroso". Artur Trillo dixo que "se trata dun espectáculo clásico e cunha ambientación plantexada na época do autor, Ben Jonson, que foi coetáneo de Shakespeare". Segundo explicou a obra "fala de algo tan inherente aos tempos actuais como a apetencia desmedida polos cartos e a luxuria".

Talía Teatro instalouse a pasada semana en Santiago para ofrecer 11 funcións de dous dos seus espectáculos destinadas tanto a público escolar como xeral. Así, a pasada fin de semana, a compañía representou 'Pelos na Lingua', unha comedia que fala dos "usos e abusos que sufre o idioma galego" e que puxeron esta semana en escea para centros de ensino. Segundo Trillo, esta montaxe naceu para contar "con humor e sen agresividades" a situación de desvantaxe e a perda de prestixio e de falantes que sofre o galego.

As entradas para asistir a 'Volpone' estarán á venda no Salón Teatro dúas horas antes de cada función e tamén se poden adquirir por adiantado a través do teléfono 902 43 44 43 ou da web http://entradas.novagaliciabanco.es.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Radio Obradoiro

Entrevista

Artur Trillo, director de Talía Teatro


Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad