102.1 Santiago  |  100.7 A Coruña-Ferrol  |  95.0 Salnés - Barbanza  FM  ·  310 R-Cable  ·  21 TDT

Miércoles, 19 de Junio de 2013

Noticia 1 de 1 Portada

CÓDICE CALIXTINO

O xuíz afirma que o detido puido sacar cartos da caixa forte da Catedral antes do reconto

Vázquez Taín "deu por perdido" o Códice "en moitos momentos"

SANTIAGO. EP  | 12.07.2012 
A- A+

O xuíz que leva a causa pola subtracción da Catedral de Santiago del Códice Calixtino, José Antonio Vázquez Taín, admitiu que "unha das hipóteses posibles" coas que traballan os investigadores é que o detido, Manuel Fernández, sacase diñeiro da caixa forte da basílica compostelana antes do seu reconto para así non chamar a atención sobre as súas actuacións.

Nunha entrevista concedida á Televisión de Galicia e recollida por Europa Press, o xuíz da causa sinalou que esta é "unha das hipóteses posibles" que investiga a Policía quen, non obstante, aínda non determinou a orixe do diñeiro e mantén abertas "muchísimas" liñas.

Aínda que admitiu que os 1,7 millóns localizados en poder do detido, extraballador da Catedral de Santiago, poden parecer unha "cantidade sorprendente", instou a "ser moi prudentes", dado que os investigadores aínda non sacaron as súas "conclusións" sobre "a súa orixe" e traballan con "diferentes hipóteses".

"Non é a primeira vez que levo un asunto de desfalco e as cantidades son moi semellantes, cun traballo meticuloso non é tan imposible xuntar este diñeiro", sentenciou Vázquez Taín, ao tempo que recordou que a Catedral compostelana "non manexa só donativos", senón que "ten ingresos que veñen doutras actividades".

DÁBASE POR PERDIDO

Dende o inicio da investigación, Vázquez Taín destacou que os axentes seguiron "tódalas posibilidades" sobre a situación do Códice e que, mesmo, en "moitos momentos" se "deu por perdido".

"Non tiñamos unha idea fixa de onde podía estar", explicou o xuíz, quen eloxiou o traballo "minucioso, profesional, serio e calado" levado a cabo polos axentes da Brigada de Patrimonio. "En moitos momentos pensamos: poderemos chegar a saber quen é, pero non atopar o Códice".

Entre a "pluralidade de liñas de investigación" que se seguiron, Vázquez Taín recordou que tamén estaba o agora detido, aínda que rexeitou as críticas que apuntan a que, nun documento interno, un axente sinalaba o exelectricista como culpable uns días despois do roubo. "Por rumores non se pode adoptar unha limitación de dereitos, a xustiza ten que ser seria", indicou o xuíz, que ha recodado que o auto contra o implicado se asinou cando se tivo "a base xurídica" necesaria.

COLABORACIÓN DA IGREXA

A Igrexa como institución "estivo tan interesada como cabía esperar" na investigación e "colaborou en todo momento", destacou o xuíz.

Así mesmo, precisou que "nos primeiros días" houbo "unha colaboración mutua non no aspecto de instrución senón no de analizar as medidas técnicas de seguridade e facer os cambios necesarios para aumentar a seguridade na Catedral".

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.radioobradoiro.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad